O Corpus Christi de Ponteareas, máis que unha experiencia turística, viaxou a Madrid

O Corpus Christi de Ponteareas, máis que unha experiencia turística, viaxou a Madrid

corpus christiA directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, foi a encargada, xunto co concelleiro de Cultura de Ponteareas, Andrés Sampedro, de presentar a festa do Corpus Christi de Ponteareas, poñendo así o punto e final a relación de presentacións que acolleu o stand de Galicia en Fitur.

Durante a súa intervención, Nava Castro asegurou que gozar desta festa en Ponteareas é máis que unha experiencia turística. Nesta liña, Nava Castro afirmou que Ponteareas é coñecido a nivel internacional grazas a esta festividade do Corpus Christi que, segundo afirmou, “atrae a miles de turistas de todo o mundo cada ano para contemplar e admirar unha vila convertida en poucas horas nun inmenso tapiz floral”. “Unha chuvia intensa de cores integradas nos tapices que adornan as rúas deste concello galego fan que o seu día grande sexa unha explosión de emocións tanto para os que as confeccionan como para os que acoden con admiración a visitalas”, explicou Nava Castro.

Un traballo levado adiante polos veciños de Ponteareas, segundo destacou o concelleiro da vila e que fan do Corpus unha das cinco Festas de Interese Turístico Internacional de Galicia e a converten nunha das manifestacións culturais máis importantes da nosa comunidade que é mostra da nosa tradición máis arraigada, ao mesmo nivel que a Festividade do Apóstolo Santiago, o Festival de Ortigueira, a Rapa dás Bestas de Sabucedo na Estrada, a Romería Vikinga de Catoira e as Semanas Santas de Viveiro e Ferrol.

Share on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn