O CDTIC acolle o vindeiro 11 de marzo unha sesión demostrativa de Xeshostal, sofware de xestión hoteleira

O CDTIC acolle o vindeiro 11 de marzo unha sesión demostrativa de Xeshostal, sofware de xestión hoteleira

O vindeiro 11 de marzo, en sesión de 16.30h a 18.00, o Centro Demostrador TIC de Galicia acolle unha sesión demostradora do sofware libre de xestión hoteleira Xeshotal, que estará a cargo do Enxeñeiro técnico en Informática de Sistemas e enxeñeiro informático pola Universidade Aberta de Cataluña, Antón Macías de Miguel.

Este sofware permítelles aos pequenos establecementos xestionar as súas reservas e facturas nunha base de datos ordenada de clientes; fixar e modificar os prezos dos cuartos en función das características destes; obter informes de xestión e planificacións semanais e/ou mensuais de limpeza, de datos de ocupación; isto é, operacións do día a día que afectan á carga de traballo do empresario, xerente, recepcionista, persoal de limpeza…

Para máis información e inscrición na sesión prema aquí

Share on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn