Novidades nos trens turísticos galegos

210116trens1

Novidades nos trens turísticos galegos

Dúas novas incorporacións ao programa dos trens turísticos de Galicia e a saída por vez primeira na súa historia do tren de luxo Al Andalus para cubrir Madrid-Santiago de Compostela son as principais novidades do programa “Galicia a todo tren” que se presentaron en Fitur2016. A directora de Turismo de Galica, Nava Castro, foi a encargada de anunciar estas novidades dun programa que o ano pasado contou con máis de 2.200 pasaxeiros, o que supuxo unha suba de cinco puntos na demanda deste tipo de programa, que acadou unha ocupación do 87%.

Segundo explicou Nava Castro, unha das grandes novidades é os traxectos do Al Anaduls, o tren de luxo máis amplo e espazoso do mundo, que realizará unha saída en xullo e outra en agosto desde Madrid para chegar a Santiago de Compostela. A directora de Turismo de Galicia afirmou que este feito histórico será de gran importancia para a nosa comunidade, en xeral, e o Camiño de Santiago, en particular, xa que Madrid é a comunidade autónoma de onde procederon máis peregrinos no pasado ano 2015.

Dous novos trens turísticos

Por outra parte, a responsable de Turismo da Xunta anunciou a incorporación de dúas novas rutas que completarán os sete trens turísticos de Galicia, a ‘Termal e do Camiño do Norte a Santiago’ e a da ‘Lamprea e o viño do Condado’. Nava Castro sinalou que o Tren termal e do Camiño do Norte a Santiago circulará entre A Coruña e Lugo e “permitirá mostrar tres elementos primordiais da nosa oferta turística, a riqueza termal, o Camiño de Santiago e o Patrimonio da Humanidade”. Deste xeito, engadiu, “os usuarios deste tren gozarán das instalacións termais do balnearios de Guitiriz, seguirán as pegadas dos peregrinos no Camiño do Norte, declarado Patrimonio da Humanidade en 2015, e viaxarán ao pasado romano na cidade de Lugo”, tamén declarada Patrimonio da Humanidade no ano 2000.

Por outra parte, a directora de Turismo de Galicia explicou que o ‘Tren da Ruta da Lamprea e o Viño do Condado’ ten programadas as súas saídas desde Santiago de Compostela. No seu percorrido, segundo sinalou Nava Castro, este tren turístico achegará aos visitantes ás beiras do río Miño, “o que lles permitirá coñecer de primeira manun patrimonio etnográfico centrado na Ruta da lamprea”. Así, neste percorrido, manifestou a directora de Turismo de Galicia, “visitarán o Pazo de Lourizán e os seus xardíns que conteñen unha mostra da botánica forestal de extraordinario relevo en Galicia e deteranse na cidade de Pontevedra para contemplar a cidade e poder xantar na mesma”.

Share on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn