Xunta e Clúster da auga asinan un acordo para crear a marca Augas de Galicia que impulsará o recoñecemento internacional deste produto

ACTIVIDADES
convenio xunta termal

Xunta e Clúster da auga asinan un acordo para crear a marca Augas de Galicia que impulsará o recoñecemento internacional deste produto

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Economía, Emprego e Industria, asinou un convenio co Clúster da auga Mineral e Termal por importe de 60.000 euros que permitirá a posta en marcha dunha serie de accións para impulsar a internacionalización deste sector. O acordo, asinado entre o titular da Consellería, Francisco Conde, e o presidente do Clúster, Antonio Garaloces, inclúe a posta en marcha de dúas accións nas que a innovación xogará un papel estratéxico.

Así, o Clúster, coa colaboración da Xunta, creará e implantará a marca Auga de Galicia, un selo que identificará a calidade do produto contribuíndo á súa diferenciación e que poderá ser empregado por todas as entidades de envasado de auga mineral -11 empresas en total- e polos 21 balnearios galegos existentes .
A segunda iniciativa que sepondrán en marcha entre ambas as institucións será o desenvolvemento da aplicación para teléfono móbil, Terras da Auga, a través do sistema operativo Android que será de acceso gratuíto para todo o público e na que se poderá consultar a localización dos mananciais de auga mineral e dos balnearios, así como dos perímetros de protección dos acuíferos existentes en Galicia, tal e como xa viña producindo a través do sistema IOS, que tamén se actualizará.

O obxectivo destas accións é apostar polo posicionamento das empresas do sector nos principais mercados, impulsando a imaxe de calidade, sustentabilidade e innovación do sector a nivel internacional. Neste sentido, Conde sinalou que “é unha colaboración para que o sector siga sendo un referente do noso patrimonio, sega creando emprego e crecendo cara a internacionalización”,  á vez que destacaba a importancia estratéxica do sector termal galego polo seu valor cultural e patrimonial e pola súa contribución ao desenvolvemento turístico e económico de Galicia.

Pola súa banda o presidente do Clúster Termal destacou a importancia de contar coa colaboración da Consellería de Industria para garantir a protección dos espazos por discórrenos as augas termais e evitar a súa contaminación.

Share on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn