Xornalistas arxentinos visitan Galicia para coñecer a nosa oferta turística

Xornalistas arxentinos visitan Galicia para coñecer a nosa oferta turística

Co fin de difundir os principais valores turísticos de Galicia entre a poboación arxentina, Turismo de Galicia en colaboración coa Oficina de Turismo de España en Bos Aires elaborou un programa dirixido a que un grupo de xornalistas arxentinos puidesen coñecer boa parte da oferta e os produtos turísticos galegos, nun circuíto que os leva tanto á costa como ao interior do territorio galego.

O grupo, formado por cinco xornalistas que representan aos xornais Clarín e La Nación, e á prensa especializada El Gourmet e Travel Magazine, acompañados por un profesional freelance, visitaron a cidade da Coruña, Ferrol e seguiron ata Santo André de Teixido, con visitas aos cantís no lugar de Vixía Herbeira, Cariño, e de regreso, Betanzos.

Logo os representantes da prensa arxentina visitaron a Costa da Morte, con paradas en Vimianzo, o cabo Vilán, Muxía, Fisterra, Carnota e Muros.Non faltou a visita a Santiago de Compostela, cun percorrido pola Casco histórico, a Catedral e os principais lugares turísticos mentres que a fin de semana de remate da súa estancia foi para Ourense e a Ribeira Sacra, onde visitaron a Cidade das burgas, a vila de Allariz, Santa Mariña de Augas Santas e parte da Ribeira Sacra. Finalmente os xornalistas arxentinos visitaron as cidades de Pontevedra e Vigo, de onte regresaron a Arxentina.

Share on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn