Xantar 2020 destaca o papel da enogastronomía na dinamización da contorna rural

Presentación Xantar 2020

Xantar 2020 destaca o papel da enogastronomía na dinamización da contorna rural

Esta cita internacional apoia a Candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio Mundial da UNESCO
Presenta máis de 150 experiencias entre as que destacan os showcookings que impartirán prestixiosos chefs de 6 países
15 restaurantes ofrecen 22 menús con prezos comprendidos entre os 15 e os 35 euros

Expourense acolle esta semana Xantar, o único Salón Internacional de Turismo Gastronómico acreditado da Península Ibérica, que celebra a súa 21ª edición en Ourense entre o 5 e o 9 de febreiro centrado na promoción do papel que xogan a gastronomía e o viño á hora de dinamizar a contorna rural contribuíndo a fixar poboación e a afrontar o reto demográfico. A este obxectivo súmase o protagonismo destacado que terá a candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio Mundial da Humanidade da UNESCO.

Expourense converterase durante esta semana no epicentro do turismo enogastronómico reunindo 298 expositores (cifra lixeiramente superior á edición anterior) e con 9 países representados (España, Portugal, Costa Rica, Cabo Verde, México, Perú, Chile, Panamá e Arxentina) nos que a tradicional e estreita cooperación transfronteiriza con Portugal convivirá tamén coa cooperación iberoamericana. No que respecta ás actividades, Xantar reunirá a recoñecidos chefs de 6 países que impartirán talleres de cociña en directo enmarcados no XV Encontro Internacional de Gastronomía Saudable e Sustentable que ofrecerá ao público máis de 150 experiencias.

Entre as novidades desta edición destacan a celebración dun Curso certificado de Iniciación á Cata impartido polo Instituto Galego do Viño e tamén da Xornada sobre Reto Demográfico e Fixación de Poboación no Rural, ?Wine Talks?, que inclúe a conferencia de cinco adegueiros galegos e a posterior cata dos seus viños. Outra das novidades será a celebración, o xoves 6 febreiro, da cuarta e última semifinal do VIII Concurso Cociñeiro do Ano e do IV Concurso Camareiro do Ano. Oito cociñeiros e cinco camareiros de Galicia, Asturias, Cantabria, Euskadi, A Rioxa e Navarra competirán por alcanzar a final nacional que se celebrará en abril de 2020, na Feira Alimentaria en Barcelona.

150 experiencias enogastronómicas
O programa de actividades de Xantar 2020 inclúe tanto conferencias de expertos como exhibicións de cociña en directo, ademais de catas comentadas e degustacións incluídas no ?XV Encontro Internacional sobre Gastronomía Sustentable e Saudable?. Ofrecerá ao público máis de 150 experiencias, é dicir, unha media de 4 actividades por cada hora de celebración do salón.
O programa de showcookings complétase con actividades paralelas como o VII Encontro de Bloggers Gastronómicos e Turísticos no que participan máis de 25 blogueros de Galicia, Asturias, Castela e León e Portugal ou o XVI Encontro Internacional de Confrarías que reunirá a 40 entidades.
Ademais, tamén se celebrará o ?IV Workshop de Turismo Gastronómico? no que participarán unha ducia de operadores de turismo de España, Portugal e Noruega que asistirán a presentacións e a reunións B2B con representantes dos distintos destinos gastronómicos presentes no salón

Share on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn