Xacobeo en Camiño levará a programación do Ano Santo a toda Galicia a partir de maio

Symbol of the "camino de Santiago", way of St James, which belongs to the UNESCO world heritage. The shell indicates the direction to Santiago de Compostela.

Xacobeo en Camiño levará a programación do Ano Santo a toda Galicia a partir de maio

A programación inclúe máis de 1000 de actividades familiares e infantís no ámbito da música, artes escénicas, cultura tradicional e de base, enogastronomía, exposicións e obradoiros

Como parte do proceso de participación, descentralización e sustentabilidade do Plan Estratéxico do Xacobeo 2021, a Xunta de Galicia porá en marcha a partir de maio Xacobeo en Camiño, unha iniciativa que levará a promoción do próximo Xacobeo polo catro provincias. Cun orzamento de máis de 2 millóns de euros, trátase dunha iniciativa pioneira que permitirá levar a cabo máis de 1000 actividades deseñadas para o público infantil e familiar que inclúen iniciativas no ámbito da música, das artes escénicas e da enogastronomía, así como exposicións e talleres coas que se espera a participación de máis de 400.000 persoas.

A programación de Xacobeo en Camiño desenvolverase durante dous días en cada concello. No primeiro día a xornada será de tarde cun espectáculo intergerenacional creado especialmente para a ocasión. O segundo día a programación ocupará toda a xornada con actividades de rúa, talleres, música tradicional, espectáculos de danza, circo e baile e unha actuación musical nocturna. “Son actividades que van máis aló da programación cultural, conectadas coa cultura local e que ofrecen a imaxe dos mellores valores do Xacobeo”, explicou o conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez antes de precisar que se trata dun programa “integramente galego” e que “aproveita os recursos e singularidades propios de cada vila”.

No transcurso desta reunión informativa para coordinar o programa, Román Rodríguez explicoulle aos representantes dos concellos que a Xunta de Galicia apoiará estas actividades coa montaxe da instalación, coordinando a comunicación e contratando a programación global e ao persoal técnico. Os concellos, pola súa banda, deberán ceder os espazos, achegar a programación local de orixe e elementos de produción de apoio.

Share on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn