Volve o concurso gastronómico De Tapas por Galicia

detapasporgalicia2017

Volve o concurso gastronómico De Tapas por Galicia

De Tapas por Galicia volve cunha nova edición que se celebrará no sete cidades galegas máis grandes entre setembro e novembro deste ano, un evento gastronómico que reúne así aos distintos concursos de tapas que veñen celebrando en Ferrol, A Coruña, Santiago de Compostela, Pontevedra, Vigo, Ourense e Lugo baixo esta iniciativa de Turismo de Galicia que queren darlle máis visibilidade e promocionar a gastronomía galega, os seus valores e as súas cualidades. O primeiro deles xa se está celebrando en Lugo, o XIII Concurso de tapas de Lugo, que conclúe o próximo 17 de setembro, cunha final que se celebrará do 22 ao 24. Do 15 de setembro ao 1 de outubro será a quenda do Picadillo da Coruña mentres que Sabores de Ourense celebrarase entre o 31 de outubro e o 12 de novembro. Do 3 ao 12 de novembro será a quenda de Tapéate Ferrol mentres que o Petisquiño de Vigo será do 2 ao 19 de novembro, as mesmas datas nas que se celebrará o Santiago (e)Tapas. Finalmente o Pontedetapas de Pontevedra terá lugar en datas por fixar, entre outubro e novembro.
Unha vez finalizados o sete concursos de tapas, coñecéndose quen foron os gañadores de cada cidade, Turismo de Galicia organizará o Gala Show Cooking “Mellor Cociñeiro de Tapas por Galicia”, onde cada un terá que elaborar a tapa coa que resultou galardoado, sendo valorado por un xurado profesional e por outro xurado popular. Deste xeito premiarase a quen se considere o Mellor Cociñeiro de Tapas de Galicia.

Share on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn