Vivir a experiencia do Marisqueo nas Rías Baixas coas rutas gratuítas da Deputación de Pontevedra

ruta_marisqueo_pontevedra

Vivir a experiencia do Marisqueo nas Rías Baixas coas rutas gratuítas da Deputación de Pontevedra

Enmarcado dentro dos obxectivos de posta en marcha dun turismo sustentable, a Deputación de Pontevedra puxo en marcha a iniciativa Marisqueo nas Rías Baixas, que permitirá que os participantes poidan, de maneira gratuíta, entrar en contacto de primeira man con todo o proceso que vira ao redor da recollida de marisco na ría. A través de catro rutas que se celebran os días 14, 15, 28 e 29 de abril, os participantes, 25 en cada sesión, recibirán unha charla sobre o proceso de marisqueo e poderán levar a cabo un taller práctico de marisqueo nas augas da ría, co apoio das mariscadoras de AmarCarril, e na que recibirán formación sobre este oficio e a súa historia.
Con esta experiencia búscase transmitir a historia do marisqueo galego ás novas xeracións e inculcar na sociedade un crecente respecto e consideración pola profesión, como garantía para concienciar sobre os problemas que afectan o marisqueo a pé en Galicia: a consideración social, a substitución xeracional, o furtivismo e a contaminación. Estas rutas “Marisqueo nas Rías Baixas” combinan a vertente turística coa ambiental, sensibilizando deste xeito á poboación local sobre a conservación e posta en valor dos nosos activos turísticos e das nosas rías como un recurso cun enorme potencial, que debe ser optimizado de maneira sustentable.

Share on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn