Visita institucional do Clúster Turismo de Galicia ao Parlamento galego

ACTIVIDADES
Visita Parlamento de Galicia

Visita institucional do Clúster Turismo de Galicia ao Parlamento galego

Unha ampla representación do Consello Executivo do Clúster Turismo de Galicia desprazouse até o Parlamento de Galicia para unha visita de carácter institucional que serviu a ambas as entidades para coñecer mellor os seus respectivos funcionamentos. Neste sentido, o presidente do Parlamento galego, Miguel Santalices, interesouse pola recente renovación de órgano de dirección do Clúster, saída das eleccións celebradas o ano pasado e que supuxeron o cambio de presidencia, que recaeu na figura de Cesáreo Pardal quen destacou a representatividade que gañaron as mulleres neste novo consello executivo.

Os retos que supoñen a próxima celebración do Xacobeo2021, a chegada da AVE a Galicia ou os cambios que están a supor para o sector a irrupción das novas tecnoloxías ou as denominadas economías colaborativas foron algúns dos aspectos que se abordaron no encontro entre o máximo responsable da primeira institución galega e os membros do Clúster.

Share on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn