Vigo acolle a I Xornada sobre turismo chinés en Galicia

d2a71c2c-8473-4fee-9a65-6674dc06f7ed

Vigo acolle a I Xornada sobre turismo chinés en Galicia

Impulsada pola concellaría de Turismo de Vigo e a Asociación de Galegos en China, Vigo acollerá o xoves 21 de xullo a I Xornada sobre Turismo Chinés en Galicia, orientada a ofrecer información sobre o turismo neste país e incentivar a comunicación intercultural entre ambos os países aplicada ao turismo e a xestión turística.

Dirixida a empresarios de establecementos hostaleiros galegos, restaurantes, axencias de viaxe e operadores de turismo, pequeno e mediano comercio, grandes almacéns, organismos oficiais e ao público en xeral, a xornada ten como obxectivos concienciar ao sector da necesidade de desenvolver estratexias específicas para a captación deste tipo de turismo, adecuando a oferta ás características do turista chinés, á vez que se facilite un maior coñecemento do contexto real da oferta e a xeografía galega. Con esta iniciativa, ademais, os seus promotores pretenden agrupar empresas e establecementos que teñan unha oferta adaptada á captación, atención e recepción do cliente chinés para agrupalos para a marca Galicia.

Para asistir á xornada, que se desenvolverá en xornada de mañá e tarde, Os interesados poden obter máis información a través do Concello de Vigo ou na Asociación de Galegos en China (asociacion@gallegosenchina.com)

Share on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn