Uso responsable da auga por parte da hostalaría coruñesa

A Coruña
A conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, informará sobre un programa de actuacións complementarias dentro da campaña de concienciación do uso racional da auga tras manter un encontro co presidente da Asociación de Empresarios de Hostalería da Coruña, Héctor Cañete. Na sala de xuntas da Delegación territorial da Xunta (rúa Vicente Ferrer, 2).
19/07/2017
Foto: Moncho Fuentes / AGN  A Coruña

Uso responsable da auga por parte da hostalaría coruñesa

A Asociación Provincial de Hostalería da Coruña súmase á campaña da Xunta de Galicia para concienciar á sociedade sobre a necesidade de facer un uso responsable da auga a través da campaña da Consellería de Medio Ambiente “Usa a auga con cabeza”. Segundo o acordo alcanzado os establecimentos da asociación pegarán adhesivos nos espellos dos aseos dos establecementos asociados co fin de lembrarlles aos clientes e aos traballadores do sector a importancia de aforrar no consumo dun recurso ?imprescindible como fonte de vida, pero finito?.

Para levar a cabo esta acción repartiranse 25.000 adhesivos e 10.000 carteis informativos entre as máis de 1.200 empresas hostaleiras coruñesas para, posteriormente, trasladar a iniciativa ás outras tres provincias. Os adhesivos da provincia da Coruña levarán impreso un deseño rechamante cuns elefantes paseando polas inmediacións da Torre de Hércules, incidindo así en que Galicia, a pesar de non ter características dunha terra seca, é posible que nun futuro si sufra problemas de facer un uso irracional da auga.

Share on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn