Unha vintena de expertos en turismo de saúde reúnense para perfilar as accións profesionais de Termatalia Brasil 2018

Comité Expertos Termatalia

Unha vintena de expertos en turismo de saúde reúnense para perfilar as accións profesionais de Termatalia Brasil 2018

A celebración do 1º Encontro Latinoamericano de Termalismo será unha das novidades da nova edición de Termatalia, que terá lugar entre o 12 e o 14 de setembro en Foz do Iguaçu

Entre o 12 e o 14 de setembro o Centro de Convencións Mestra do Hotel Recanto Cataratas de Foz do Iguaçu, no Estado de Paraná, acollerá a celebración dunha nova edición de Termatalia baixo a lema “A Enerxía das Augas”. O obxectivo da Feira Internacional de Turismo Termal, Saúde e Benestar será actuar como axente dinamizador do sector do turismo de saúde a nivel mundial pondo o foco principal na posta en valor de recursos naturais como a auga.

E para iso o comité asesor de Termatalia, composto por 20 expertos en turismo termal e de saúde, mantivo un encontro para fixar as accións profesionais relativas tanto ao coñecemento como ao negocio que se desenvolverán na “Semana Termatalia”. Os asistentes a esta reunión coincidiron en destacar o valor da marca “Termatalia” como referente do desenvolvemento termal especialmente en América Latina así como a proxección internacional que conseguiu a feira neste continente, que servirá de “paraugas” para as empresas españolas, e especialmente as galegas, que aposten por participar na feira.

O cronograma da “Semana Termatalia” sería o seguinte incluíndo accións profesionais desde o día 10 ata o 15 de setembro (aínda que a feira en se se celebrará os días 13 e 14 de setembro).
– Día 10 de setembro: Curso de capacitación profesional: Comercialización de turística.
– Día 11 de setembro: Curso de capacitación profesional: Protocolos de Calidade en centros termais.
– Día 12 de setembro: Xornada de apertura do XIII Encontro Internacional sobre Auga e Saúde coa sesión Sobre Turismo, Innovación e Sustentabilidade.
– Días 13 e 14 de setembro: celebración da Feira Internacional de Turismo de Saúde e Benestar Termatalia Brasil 2018. Durante estes días celebrarase o Workshop de Turismo de Saúde – Bolsa de Contratación Turística e continuará o XIII Encontro Internacional sobre Auga e Saúde (Día 13: Sesión sobre Hidrología Médica e Día 14: 1º Encontro Latinoamericano de Termalismo e Encontro de Cidades e Vilas Termais).
– Día 15 de setembro: Rutas turístico-termais e Networking.

Encontro Latinoamericana de Termalismo
A principal novidade desta edición será a celebración do 1º Encontro Latinoamericano de Termalismo, previsto para a mañá do venres 14 de setembro e no que, ao longo de tres sesións, abordaranse temas como o Termalismo Social nos Sistemas de Saúde Pública ou as Terapias Termais en América Latina. A organización puxo a disposición dos expositores e dos visitantes profesionais distintos paquetes que facilitan o aluguer de casetas ademais do aloxamento e a manutención. Poden consultarse en www.termatalia.com.

Share on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn