Unha nova e sorprendente Cíes e a alma de Arousa Norte

ACTIVIDADES
Madrid, 23/01/2014. De izda a dcha, Manuel Rivas, Alcade de Riveira; Juan José Diestre, Alcalde de Boiro; Nava Castro, la secretaria general de Turismo de la Xunta, Isaac Maceira, Alcalde de A Pobra de Caramiñal; Belen Do Campo, Delegada Territorial de la Xunta en A Coruña, Jose Luis Torres, Senador y Adolfo Muñoz, Alcalde de Rianxo, durante la presentación de Aurosa Norte.Un destino con calma, en el stand de Galicia en Fitur .- EFE/JAVIER LIZÓN

Unha nova e sorprendente Cíes e a alma de Arousa Norte

Nunha presentación conxunto coa Deputación de Pontevedra, que centrou a súa aposta en Fitur polo Camiño pola Costa, Vigo, da man do seu alcalde Abel Caballero apostou novamente polas Illas Cíes cun novo vídeo que volveu a mostar sorprendentes imaxes destes precioso recursos turístico. Caballero aproveitou a súa presenza en Madrid para mostrar de novo o seu convencemento de que a candidatura do arquipélago a Patrimonio da Humanidade é “a crónica dun resultado conseguido”. Caballero revelou que as portas do ceo ás que chama Bob Dylan son as illas viguesas e deixou constancia do agarimo que os vigueses senten por elas.

Arousa Norte, sinfonía para os sentidos
Nun acto no tomou parte a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, Arousa Norte presentouse como destino turístico que ten a humanidade, o mar e a ría como un elemento diferenciador apostando por un turismo accesible, próximo, humano e tranquilo, onde gozar dos seus recursos turísticos, ?que nada teñen que envexar a outras potencias turísticas galegas?. A presentación, na que tamén participaron alcaldes da mancomunidade e o seu xerente, presentouse o destino Arousa Norte como ?capital arqueolóxica de Galicia?.
A presentación, na que tamén se proxectou un vídeo, Alma do Mar, tivo especial atención ao turismo accesible, coa presenza da presidenta da Confederación Estatal de Persoas Xordas, Concepción Díaz Robledo

Share on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn