Un total de 89 casas de turismo rural participan na 9ª edición do Outono Gastronómico

Un total de 89 casas de turismo rural participan na 9ª edición do Outono Gastronómico

A iniciativa desenvolverase entre o 11 de setembro e o 13 de decembro con diverentes propostas gastronómicas e de aloxamento

Desde o 11 de setembro ao 13 de decembro, un total de 89 casa de turismo rural adscritas as distintas asociacións de turismo rural de Galicia – 27 na provincia da Coruña; 22 en Lugo; 22 en Ourense e 24 en Pontevedra – participan nunha nova edición do Outono Gastronómico, una iniciativa que ten como obxectivo contribuir a dinamización e desestacionalización do turismo rural durante esta época do ano.

A través deste innovador produto turístico, promovido por Turismo de Galicia, os establecementos rurais convidan a gozar da gastronomía galega presentando cada un deles dous menús diferentes elaborados cos mellores produtos da tempada e exclusivamente concibidos para a ocasión.

Durante a presentación, a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, que estivo acompañada do presidente de Agatur, Manuel Luciano Sánchez, e o presidente de Fegatur, Cesáreo González, sinalou que o éxito obtido nas oito edicións anteriores consolida este programa como unha oferta contrastada e demandada tanto polo público como polas casas rurais de Galicia. “Na suma das oito campañas precedentes acadouse un total de 2.731.617 € e a suma do número de participantes ascendeu a case 48.200 persoas”, afirmou. A responsable de Turismo de Galicia asegurou tamén que o turismo rural en Galicia viu incrementados no que vai de ano nun 20,8% os seus viaxeiros e nun 15,6% as súas pernoitas, elevando o seus niveis de ocupación en case dous puntos porcentuais.

Como novidade desta nova edición agasallarase cunha botelliña de crema de licor ou cun doce “Capricho de Santiago” a todos aqueles clientes de establecementos de turismo rural participantes na campaña. A relación dos establecementos participantes e os menús exclusivos que ofrece cada un deles pódese consultar na páxina web www.outonogastronomico2015com, dende a que, ademais, pódese acceder directamente a un blog de participación.

Menús e paquetes gastronómicos completos

Os establecementos adheridos a esta promoción ofrecen así as promoción ofrecen as seguintes posibilidades:

-O “Menú Outono Gastronómico”. Un menú que consta de entrantes, primeiros e segundos prato, sobremesas, cafés ou infusións, viños con Denominación de Orixe galega e outras bebidas. O prezo é de 30 euros por persoa.

-Un “Paquete Outono Gastronómico” que permite degustar o Menú Outono Gastronómico e pernoitar na casa de Turismo Rural elixida, incluíndo os os almorzos do día seguinte. Así, esta modalidade ofrece un menú por persoa máis aloxamento, na noite de venres ou sábado a escoller, e o almorzo nunha das casas de Turismo Rural participantes na promoción por só 120 euros para dúas persoas en cuarto dobre ou 80 euros para unha persoa en cuarto individual.

-Unha oferta completa de “Fin de Semana de Outono Gastronómico”, que inclúe dous menús por persoa máis o aloxamento na noite de venres e sábado. O prezo é de 200 euros para dúas persoas en cuarto dobre e 140 euros para unha persoa en cuarto individual.

– Unha promoción especial para aqueles que queiran compartir este programa turístico coa familia: a opción “Fin de Semana Familiar Outono Gastronómico”, que inclúe ofertas para un e dous nenos ata 14 anos. Para parellas acompañadas dun neno, a oferta de menús e aloxamento será de 260 euros, mentres que para as que vaian acompañadas de dous rapaces o prezo da fin de semana será de 300 euros.

Share on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn