Unha ponte de maio con ocupacións similares a Semana Santa

turista aeropuerto

Unha ponte de maio con ocupacións similares a Semana Santa

A ponte de maio pechouse en Galicia cunha ocupación dispar que podemos situar entre o 60 e o 80% e no que o tempo finalmente non foi un aliado propicio para tirar das ocupacións cara arriba, especialmente no mercado nacional e de proximidade. Como é habitual nas estimacións do Clúster, estas obeceden a pequenas enquisas entre os asociados, o que nos permite ter unha estimación máis cualitativa que cuantitativa, polo que ao universo da enquisa refírese.

Así, a partir das valoracións proporcionadas por representantes do sector, principalmente hoteleiro, obtívose información acerca dos resultados no tocante á ocupación e os prezos, que nos sitúan en cifras similares ás de Semana Santa. Se centramos o foco simplemente no fin de semana, concretamente na noite do sábado, o dato elévase nalgúns casos á contorna do 90% e mesmo rozando o cheo. Pola súa banda, en canto ao prezo, a información varía dependendo da procedencia das empresas entrevistadas, pero a tónica xeral reflicte que estes se mantiveron ou experimentaron lixeiros incrementos.

Por provincias podemos establecer que na Coruña se rexistraron cifras de ocupación do 75-80%, chegando nalgúns casos ao 100% na noite do sábado. O feito de tratarse dunha ponte, unido á celebración do partido Deportivo ? Barcelona permitiron alcanzar indicadores superiores aos de calquera outro fin de semana. Respecto das tarifas, estas incrementáronse entre 2 e 3 euros, aínda que nalgún caso fálase de incrementos de máis de 10 euros por habitación.
En Santiago de Compostela obsérvanse moi boas ocupacións na noite do sábado, sobre o 85%, aínda que a cifra global da ponte redúcese ao 60-65%. O prezo non experimentou significativas variacións.
Na provincia de Lugo, as cifras de ocupación reflicten a dinámica experimentada en toda a comunidade, con datos do 85-90% para as noites de venres e sábado, baixando á contorna do 75% o indicador para as noites de domingo e luns.
Desde a provincia de Ourense apúntase á meteoroloxía como un hándicap aínda que os establecementos consultados na capital das Burgas falan de datos próximos ao cheo para as noites de venres e sábado, baixando lixeiramente a cifra o domingo. As tarifas non experimentaron cambios significativos.
Pola súa banda, o global da provincia de Pontevedra roldou o 60% de ocupación na presente ponte, observándose incrementos nos prezos dun 2-3%.
Por último, os aloxamentos rurais manexan unha porcentaxe do 30% de ocupación, tendo en conta tamén os 4 días, con tarifas similares ás de Semana Santa.

Share on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn