Turoperados galegos participan en viaxes de familiarización no Norte de Portugal

ACTIVIDADES
fam trip Norte Portugal febrero 2017

Turoperados galegos participan en viaxes de familiarización no Norte de Portugal

No marco dunha iniciativa promovida por Turismo de Porto e Norte de Portugal (TPNP) en colaboración coa Comunidade Intermunicipal do Tâmega e Sousa e o Clúster Turismo de Galicia para reforzar o grao de coñecemento da rexión entre os turoperadores galegos, durante o mes de febreiro están a realizarse dúas viaxes de familiarización que permitirán aos seus participantes coñecer en profundidade estes destinos vinculados ao turismo de de natureza, viños e gastronomía.

Pazos de Ferreira, Felgueiras, Celorico de Bastos, Amarante, Baião e Resende foron os municipios elixidos para o primeiro dos fam trip, que se desenvolveu entre o 5 e o 8 de febreiro mentres que o segundo das viaxes, que se celebrará entre o 19 e o 21 de febreiro, centrarase nas localidades de Lousada, Penafiel, Marco de Canaveses, Castelo de Paiva e Cinfães.

Yu Travel, Viaxes HalcónLugo e Galicia, Five Sensations, Sente Galicia, Tee Travel, Viento Celta, Galicia Holiday e Vio Viajes son os operadores que conxuntamente co Clúster Turismo de Galicia participan nesta inciativa que, a dicir do presidente de TPNP, Melchor Moreira, serve para “estreitar as relacións e dinámicas entre Galicia e Portugal”, “consolidando a marca e a percepción do territorio para o mercado galego, ademais de xerar sinerxías transfronteirizas entre ambos os territorios”. O obxectivo final é contribuír a xerar novos fluxos de turistas que contribúan á desestacionalización do turismo portugués, incrementar a estancia media e xerar maior retorno, retos deste sector no país veciño.

Esta iniciativa insérese no Memorandum de Comprensión asinada entre a Turismo do Porto e Norte de Portugal, a Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia-Norte de Portugal (GNP-AECT) e a Axencia de Turismo de Galicia.

Share on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn