Turoperadores galegos tomaron parte nun fam trip no Norte de Portugal

ACTIVIDADES
fam trip Portugal

Turoperadores galegos tomaron parte nun fam trip no Norte de Portugal

Turismo de Porto e Norte de Portugal promoveu un fam trip con turoperadores galegos que lles permitiu estreitar relacións co país veciño e descubrir o patrimonio e os produtos turísticos de Norte de Portugal. A viaxe de familiarización, que se desenvolveu entre o 23 e o 25 de outubro, contou coa participación dos directores de YU Travel, Halcón Viaxes Galicia e Lugo e Five Sensations, que estiveron acompañados do secretario do Clúster Turismo de Galicia, Cesáreo Pardal. A iniciativa inscríbese no Memorandum de Entendemento asinado entre Turismo de Porto e Norte de Portugal, Agrupamento Europeu de Cooperação Territorial | Galicia-Norte de Portugal (GNP-AECT) e Turismo de Galicia e que lles permitiu aos seus participantes visitar Ribeira da Pena, Vila Pouca de Aguiar, Vila Real, Lamego e Tarouca, lugares nos que descubriron a súa riqueza etnográfica, enogastronómica, de turismo activo e termal, á vez que se potenciaron dinámicas de complementaridad que permitan o reposicionamiento e a consolidación da imaxe e percepción do Norte de Portugal como destino turístico privilexiado, asociado ao Turismo de Natureza e á Gastronomía e Viños.

“Temos clara a importancia de España e de Galicia, en concreto, para os nosos obxectivos. Máis do 60% do noso crecemento débese ao mercado interno o que nos mostra a importancia da concretización desta colaboración. A adecuada repartición de sinerxías transfronteirizas, permitiranos aumentar a nosa cota de mercado, crecer en número de turistas, potenciar o aumento da estada media e xerar maior retorno dos investimentos realizados no ámbito dos Produtos Turismo de Natureza e Gastronomía e Viños”, explicou o presidente da TPNP, Melchior Moreira.

Share on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn