Turismo sustentable, máis aló do eco friendly

turismo sostenible año mundial

Turismo sustentable, máis aló do eco friendly

Aínda que o concepto de sustentabilidade no ámbito turístico está habitualmente asociado ao turismo de natureza e ecofriendly, a OMT quere seguir dando pasos cara a adiante e empapar con este concepto ao conxunto do sector de maneira transversal. Así o recolle no seu último número a publicación Hosteltur, que fai un repaso da evolución a nivel mundial que está a ter esta tendencia e a posición de España.

Cabe lembrar que este ano 2017 foi declarado como Ano Mundial do Turismo Sustentable e, neste sentido, a implantación do turismo sustentable afecta o conxunto do sector na posta en marcha de medidas que axuden á preservación dos recursos naturais e paisaxísticos existentes de face ao futuro e minimizando os efectos negativos que a explotación turística poida ocasionar. O desenvolvemento sustentable do turismo afecta a todos os ámbitos, desde as infraestruturas á eficiencia enerxética ou no comportamento do turista. Segundo unha enquisa realizada por TUI entre
3.000 europeos (non só entre os seus clientes) que viaxaron nos dous últimos anos, a maior sensibilidade neste sentido obsérvase en Alemaña e Francia. Así, Mentres un 10% dos europeos busca especificamente hoteis eco-friendly, o cociente elévase ata o 18% no caso dos turistas franceses e ao 17% entre os alemáns. No entanto, un 66% cre que a responsabilidade de ser sustentable recae na empresa turística -no seu procedemento operacional- e non neles mesmos co seu comportamento. En España obsérvase pouca disposión a optar por este tipo de viaxes, que supoñen un custo maior.

Na publicación de Hosteltur destácanse destinos españois que si comezaron a destacar polas súas boas prácticas en materia de sustentabilidade como Vitoria, Xixón, Lanzarote e Menorca. Con todo, a cultura do turista sustentable non está aínda tan desenvolvida no noso país como noutros puntos de Europa, queda aínda camiño por percorrer.

claves turismo sostenible

Share on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn