Turismo de Galicia reforza a súa colaboración con AGAN para o impulso de dous novos proxectos costeiros

Firma-convenio-268x201

Turismo de Galicia reforza a súa colaboración con AGAN para o impulso de dous novos proxectos costeiros

O obxectivo é continuar avanzando no posicionamento de Galicia como destino de turismo náutico de referencia internacional.

Turismo de Galicia, Portos de Galicia, AGADER e a Asociaciación Galega de Actividades Náuticas (AGAN) asinaron un acordo de colaboración para a posta en marcha de dous novos proxectos costeiros que poñan en valor os recursos marítimos e fluviais de Galicia, contribuíndo a situar a Galicia a nivel internacional como referente do turismo náutico.

Trátase dos proxectos europeos Ecodestin_3In e Capiten, nos que o Goberno autonómico, a través de Turismo de Galicia e da Consellería de Medio Rural, e o sector náutico se alían cun convenio de colaboración até 2020 asinado por Turismo de Galicia e Agader con AGAN. A través de Ecodestin_3IN, Galicia busca consolidarse como destino náutico os 365 días do ano mediante a creación, promoción e comercialización de 50 novos produtos vinculados coa cultura do mar, a náutica recreativa e o patrimonio natural da Comunidade galega. De entre estes produtos a estrela son os Minicruceiros Costeiros polas Rías de Galicia, en funcionamento desde o ano pasado, nos que participarán máis de 4.000 persoas nas diferentes saídas previstas até o mes de outubro.

O segundo dos proxectos, Capiten -no que ademais se inclúen 18 socios de Francia, Reino Unido, Irlanda, España e Portugal-, impulsa a creación do Clúster Náutico que traballará para converter os portos galegos en puntos de información turística, atraer a Galicia novos turistas nacionais e internacionais e facer extensiva a experiencia dos Minicruceiros Costeiros polas Rías ao norte de Galicia.

Este segundo proxecto europeo ten o seu marco de actuación nas provincias de Lugo e A Coruña, onde se pretende implantar cruceiros costeiros ou pequenos cabotajes, similares aos minicruceros que xa operan na actualidade nas Rías Baixas.

Share on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn