Turismo de Galicia presenta a nova normativa de Vivendas de Uso Turístico ao sector

viviendas

Turismo de Galicia presenta a nova normativa de Vivendas de Uso Turístico ao sector

A través de charlas informativas, a Axencia de Turismo de Galicia está a levar a cabo unha tarefa de información ao sector respecto da normativa que regulará as Vivendas de Uso Turístico e que se aprobará previsiblemente despois do verán. Tras o encontro celebrado a semana pasada en Sanxenxo, esta semana foi a quenda de Lugo onte e A Coruña mañá mércores, a partir das 17h na Cámara de Comercio, no marco dun ciclo de sesións informativas que continuará os próximos días en Santiago de Compostela o 11 de maio, en Baiona o 12 de maio (Auditorio Casa Museo da Navegación, a partires das 17h) e en Vigo e a comarca do Salnés con data aínda por determinar.

O obxectivo destas xornadas non é outro que o dar a coñecer as novidades que se pretenden introducir coa aprobación deste decreto no que a principal novidade é a necesidade de levar a cabo unha sinxela inscrición nun rexistro público. Esta regulación afecta as vivendas que se aluguen por períodos curtos (inferior a 30 días), mantendo a regulación mediante a Lei de Arrendamentos Urbanos, no resto dos casos. En todo caso a entrada en vigor está prevista para despois da tempada de verán de 2016.
Mediante as presentes convocatorias desde Turismo de Galicia preténdese chegar a todos os interesados e entidades representativas do sector para participar en sesións dinámicas nas que poderán exporse as cuestións e dúbidas que xurdan da súa futura aplicación. Tanto a de Sanxenxo como a da Mariña lucense, que se celebrou en Burela estiveron dirixidas polo director de Competitividade de Turismo de Galicia, José Luís Mestre, e a ela asistiron representantes do sector hostaleiro así como particulares interesados.

Cabe destacar, ademais, que o novo Decreto, no que se regulan Vivendas Turísticas, Apartamentos Turísticos e esta nova categoría de vivendas de uso turístico vén dado pola combinación de dous factores: por unha banda o aluguer turístico converteuse nunha competencia autonómica despois da modificación da Lei estatal de Arrendamentos Urbanos.

Doutra banda, a irrupción das novas tecnoloxías no aluguer de vivendas vacacionais e a tendencia a destinar a este fin a vivenda habitual fan necesario adaptarse á nova realidade para ofrecer seguridade xurídica tanto aos particulares como ao sector ante un novo tipo de aloxamento turístico. A nova norma erradicará problemáticas vinculadas a estas prácticas no ámbito económico-social, fiscal e de tributos e en canto á garantía e seguridade das persoas usuarias, á calidade da oferta, ao intrusismo ou á competencia desleal.

Actualmente, en España só hai cinco autonomías que teñen en vigor unha normativa deste tipo: Cataluña, Madrid, Aragón, Canarias e Andalucía. Galicia xa someteu a súa proposta a información pública e incorporou as alegacións e suxestións oportunas, estando actualmente na fase final, na que se está dando a coñecer ao sector antes de proceder á súa aprobación.

¿Qué define unha Vivenda de Uso Turístico?

Share on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn