Turismo de Galicia destina 45.000 euros para a formación práctica de nove bolseiros nas súas oficinas de información turística

oficina turismo

Turismo de Galicia destina 45.000 euros para a formación práctica de nove bolseiros nas súas oficinas de información turística

A través da concesión de nove bolsas de formación práctica para os centros de formación e áreas de estudo de Turismo de Galicia, esta entidade investirá algo máis de 45.000 euros que permitan ás persoas que acceden a estas prazas incrementar a súa formación e perfeccionamento profesional, mellorando os seus coñecementos e habilidades. As prácticas tuteladas, que se desenvolverán nas oficinas de información turística de Santiago, Coruña, Pontevedra, Vigo e Lugo e no departamento de Estudos de Investigación da dirección de Competitividade teñen unha duración de seis meses.

Nas oficinas de información, os bolseiros atenden ao visitante explicándolle os reclamos turísticos de Galicia e resolvendo as súas dúbidas. Neste caso, a distribución das prazas ofertadas realizouse outorgando tres bolsas para Santiago de Compostela, unha delas para o Centro Internacional de Acollida ao peregrino, e a súa respectiva para A Coruña, Pontevedra, Vigo e Lugo. No caso do departamento de Estudos de Investigación, o obxectivo é analizar os datos do mercado turístico, estando unha das bolsas especializada en turismo e a outra en estatística.

A iniciativa responde o esforzo continuado da Xunta de Galicia na formación dos recursos humanos, neste caso para adaptar as novas demandas ás actuacións dos titulados que inician ou desenvolven a súa actividade no sector turístico.

Share on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn