Tres retos e 11 liñas estratéxicas definen a Estratexia2020

retos Estratexia2020

Tres retos e 11 liñas estratéxicas definen a Estratexia2020

A situación do sector galego encádrano nun momento crucial de consolidación pero aínda con marxe de crecemento no que a aposta pola calidade, rendibilidade e innovación, son obxectivos transversais que atravesan todas as accións propostas no plan que se estrutura ao redor de tres grandes retos e 11 liñas estratéxicas:

RETO 1. TERRITORIO
Desenvolver todo o potencial dos recursos de Galicia, que permiten construír un destino único e diferencial, artellado ao redor dunha Marca: Galicia. A sustentabilidade do destino será o fío condutor na construción das liñas estratéxicas que se contemplan:
1. Paisaxe, recursos naturais e sustentabilidade. Co impulso do ecoturismo, a recuperación dos núcleos singulares, o control de carga e redistribución dos fluxos turísticos ou a sostenibilidade das infraestruturas turísticas
2. Valores diferenciais e o seu potenciamento. Impulso do patrimonio, natureza, enogastronomía ou turismo termal como elementos singulares da oferta turística galega.
3. Mobilidade turística. Aposta pola intermodalidade, a coordinación aeroportuaria, reforzo da mobilidade peonil, marítimo e fluvial, turismo accesible, aposta pola Eurorrexión ou maior aproveitamento das conexións ferroviarias.
4. Os camiños de Santiago como dinamizadores do país.

linea 1 a 4

RETO 2. GOBERNACIÓN
Desenvolver unha nova forma de xestión, que incorpore a todos os axentes da cadea de valor e que facilite a sustentabilidade do destino a medio e longo prazo, sen renunciar a criterios de rendibilidade económica e social propios dunha actividade económica como é o turismo.
5. A cooperación na cadea de valor do turismo. Coordinación das oficinas turísticas, fortalecemento da inspección turística e adaptación da normativa á situación do mercado actual, impulso e reordenación dos xeodestinos, vertebración do movemento asociativo e dinaminazación dos municipios turísticos
6. Rendibilidade. Pasa necesariamente por fomentar un turismo de alto valor engadido que nos permita maior diferenciación e mellor comercialización dunha oferta dimensionada e moderna, eficiente e adaptada a las necesidades actuais de sustentabilidade e accesibilidade que demanda un sector de futuro. Fai imprescindible apostar por estratexias de desestacionalización e fidelización. Formación de calidade e profesionalización
7. Formación de calidade e profesionalización. Retención do talento no territorio, maior accesibilidade aos programas de formación e incremento da profesionalización.
8. Sensibilización sobre o turismo como motor de desenvolvemento. Recoñecemento social do peso do turismo, rol dos galegos no exterior.

lineas 5 a 8

RETO 3. PROXECCIÓN
Mellorar a captación de turistas e a sua fidelización, así como a diferenciación do destino en base a unha oferta segmentada de calidade. Os procesos de Innovación e a tecnoloxía serán motores de cambio no sector dentro dun mercado cada vez mais competitivo e diverso.
9. Comercialización. Novos modelos de comercialización turística, impulso del receptivo, de oficinas de información turística adaptadas ás novas demandas do turista e de plataformas de comercialización en liña xunto coa elaboración de manuais de produto adaptados a cada mercado estranxeiro e a prospección de novos mercados son aspectos craves para a internacionalización do destino Galicia, sen esquecer a posta en marcha dun programa de fidelización para consolidar os crecementos experimentados.
10. Internacionalización. Creación dunha rede de oficinas turísticas de Galicia nel exterior, coordinación en la promoción e apertura dos mercados turísticos internacionais.
11. Innovación e Tecnoloxía. Mellora da accesibilidade a internet, introdución do TIC, mellora do uso das novas tecnoloxías nas canles de comunicación co turista, big data para coñecer mellor os perfís dos turistas.

lineas 9 a 11

Share on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn