Viviendas Uso Turístico

O Clúster Turismo de Galicia, en relación ás manifestacións que diferentes asociacións provinciais do sector turístico han feito estes últimos días, confía en que a Xunta proceda á aprobación definitiva da normativa que regulará as vivendas turísticas, un regulamento cuxa tramitación xa pasou todas as fases e está á espera da aprobación definitiva por parte da Xunta de Galicia.

Segundo explica o presidente do Clúster Turismo de Galicia, Francisco González: “O turismo somos todos e esta normativa vén abrir a posibilidade de contar cun marco legal a unha oferta de aloxamento que existe e que vai seguir existindo no mercado, pero que até agora está nunha situación alegal”. Desde o CTG, González foi claro ao manifestar que desde o sector turístico regulado nunca quixeron unha normativa prohibitiva pero si reguladora, que permita que todo aquel que queira participar nas canles turísticas póidao facer, contribuíndo a crear unha oferta regulada e de calidade que nos beneficia a todos. “Desde o conxunto do sector turístico galego defendemos sempre a necesidade de que toda a oferta de aloxamentos estea regulada, o que reverte tanto en seguridade das persoas usuarias e satisfacción do cliente como na igualdade de condicións en termos de competencia, fiscalidade e tributación, co resto do sector”.

Normativa consensuada co sector

Non se trata, pois, de “tentar tapar o sol cun dedo” se non de adaptar a normativa e as esixencias legais e administrativas a un novo modelo de comercialización turística que garanta a calidade do conxunto do aloxamento a través dunha normativa que foi redactada tomando en consideración aos diferentes axentes implicados e que segue o ronsel da normativa aprobada en Cataluña, moito máis laxa en canto aos requirimentos que se lle esixen ás vivendas de uso turístico.

Cabe lembrar que o Decreto pendente de aprobación establece o ordenamento dos apartamentos turísticos, vivendas turísticas e vivendas de uso turístico, categoría esta última que permite regular o uso vacional das vivendas particulares, establecendo uns requisitos mínimos, unha medida imprescindible para regularizar esta práctica.

Coa posta en marcha da figura das “vivendas de uso turístico” dáselle un amparo legal a aquelas empresas ou particulares que desexen comercializar o seu aloxamento como turístico (en portais por exemplo tipo Booking) e vén aclarar definitivamente os diferentes modelos de negocio, dando opción a que se arrende este tipo de aloxamentos dentro do arrendamento de vivenda de uso particular ou dentro das canles turísticas, pero sempre dentro dunha oferta regulada que nos permita atallar algúns dos problemas que se asocian ás prácticas de aluguer de vivendas particulares para usos turísticos.

25 de Abril de 2016
Viviendas uso turístico

O CTG confía na axilidade da Xunta para aprobar o Decreto que regule as Vivendas de Uso Turístico

O Clúster Turismo de Galicia, en relación ás manifestacións que diferentes asociacións provinciais do sector turístico han feito estes últimos días, confía en que a Xunta […]
22 de Abril de 2016
charlaCETS

Sanxenxo acolleu unha charla informativa sobre as vivendas de uso turístico

Organizada polo CETS, o encontro contou coa presenza dun responsable de Turismo de Galicia para resolver dúbidas respecto ao Decreto que regularía este tipo de aloxamentos […]