Impulsado pola Conferencia Española de Consellos Reguladores Vitivinícolas (CECRV) o próximo 12 de maio celebrarase a segunda edición do DÍA MOVEMENTO VIÑO D.O, unha iniciativa que quere converterse nunha xornada festiva, popular e participativa que terá lugar en distintos puntos da xeografía española e na que brindaremos todos xuntos ás 13:30 polo viño con Denominación de Orixe e por MOVEMENTO VIÑO D.O. A iniciativa, coa que quere impulsarse a cultura do viño en España, como parte da nosa gastronomía e do noso turismo, conta co apoio de 26 denominacións de orixe nacionais, entre as que se contan catro do cinco DO’S galegas, Rías Baixas, Ribeiro, Monterrei e Ribeira Sacra.

Ese día cada unha delas organizou un acto de celebración. Así, no caso do Ribeiro, en colaboración co Concello de Ribadavia, organizarase unha pequena feira onde se poderán adquirir tikets e copas para a degustación tanto de viño branco como veu tinto a prezos populares. Un DJ amenizará a xornada e cada media hora faranse sorteos de lotes de viño e merchandising entre o público participante. En Monterrei a cita é no interior da sede do Consello Regulador ás 13:30 cun brinde colectivo mentres que en Rías Baixas a celebración comezará ás 13h con música en directo e minutos antes de que se celebre o brinde ás 13:30 o público recollerá os catavinos. A finalizar o brinde, haberá tocará en directo o grupo “A Casa dos Ingleses”.

Pola súa banda Ribeira Sacra celebrarao coincidindo coa XXV Mostra dos Viños da Ribeira Sacra de Pantón cunha presentación do presidente e continuará co brinde ás 13:30. Para pechar haberá unha actuación musical.

04 de Maio de 2018
30425109_2131382757092613_3887291468548922711_o

Os viños galegos únense ao brinde colectivo do Día Movemento Viño D.O

Impulsado pola Conferencia Española de Consellos Reguladores Vitivinícolas (CECRV) o próximo 12 de maio celebrarase a segunda edición do DÍA MOVEMENTO VIÑO D.O, unha iniciativa que […]
15 de Setembro de 2016
Fotos Que Pasa na Costa

120 distinguidos Gallaecia no concurso de viños con máis participación de Galicia

O certame reuniu 600 viños e destilados de todas as denominacións de orixe de Galicia Un panel de cata composto por membros da Asociación de Sumilleres de Gallaecia […]
04 de Setembro de 2015

Un total de 104 viños acadan os premios otorgados pola Asociación de Sumilleres Gallaecia

Logo de superar diferentes fases do concurso, finalmente foron 106 os viños que alcanzaron as Distincións Gallaecia, segundo anunciou a Asociación de Sumilleres Gallaecia trala finalización do concurso, […]
30 de Xuño de 2015

A internacionalización e a busca da excelencia claves para Núñez Feijóo no éxito do sector vitivinícola galego

O presidente da Xunta participou na entrega dos premios das Catas dos viños e destilados Un total de 34 viños y 5 destilados recibiron onte os […]