O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, acompañado pola directora de Turismo de Galicia, Nava Castro e pola delegada territorial da Xunta en Vigo, Corina Porro, asinou co director do Marsiquiño, Joako Ezpeleta, o contrato de patrocinio do que calificou como o “mellor festival de cultura urbana e deportes extremos do sur de Europa”.

A Xunta de Galicia financiará con 121.000 euros de axuda directa ao evento, triplicando a aposta realizada en 2018. “É un escaparate internacional, por iso non queriamos estar fóra”, destacou Corina Porro, xa no seu novo papel como delegada da Xunta na cidade. Ademais do financiamento directo, realizáronse as xestións oportunas para que o Marisquiño se puidera beneficiar do programa de patrocinios do Xacobeo 2021.

Este ano O Marisquiño pretende acoller a máis de 160.000 asistentes nunha cita que reúne durante tres días máis de dez competicións deportivas, así como diferentes eventos culturais, exhibicións de graffiti, música en directo, etc. Contará con probas que serán olímpicas en Tokio2020 como o skate, o basket 3×3 e o BMX, ademáis do Break Dance que será deporte invitado en París 2024.

A Directora de Turismo de Galicia, Nava Castro,  salientou que o festival se consolida nos seus case 20 anos de andadura como escaparate de Galicia en Europa e no resto de España, unha excelente oportunidade para o sector turístico. O festival dará comezo o xoves 8 ata o domingo 11 de agosto.

22 de Xullo de 2019
marisquino

A Xunta asina o contrato de patrocinio do festival O Marisquiño por valor de 121.000 euros, apoiando a súa continuidade en Vigo

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, acompañado pola directora de Turismo de Galicia, Nava Castro e pola delegada territorial da Xunta en […]
07 de Xuño de 2019
-Informe turismo gastronómico Vivential Value

Análise do turista gastronómico e o seu papel no proceso de diversificación e desestacionalización do turismo

Segundo o informe de Reputación Online de Turismo Gastronómico en España, Vigo ocupa o terceiro posto no ranking de cidades con maior número de recomendacións gastronómicas […]
15 de Marzo de 2019
Acuerdo Feprohos Hoy por ti

Acordo solidario dos hostaleiros vigueses

A Federación de Hostalaría de Pontevedra (Feprohos) asinou un acordo de colaboración coa ONG “Hoxe por Ti”, presidida polo actor Antonio Durán ?Morris?, mediante o que […]
01 de Agosto de 2018
puerto-de-vigo-recibe-primera-escala-de-la-autopista-del-mar

O porto de Vigo sacará a concurso unha segunda terminal de cruceiros

Tendo en conta de que o tráfico de cruceiros sufriu un importante estancamento e o interese que demostraron por Vigo determinadas empresas con carteira de pedidos […]