turismo rural

Ao redor de 60 empresas do sector do turismo rural poderían beneficiarse deste traballo, encamiñado a dinamizar a campaña de outono nestes establecementos turísticos

No marco do concurso de ideas impulsado polo Clúster Turismo de Galicia, a Federación Galega de Turismo Rural (Fegatur) e a Asociación Galega de Turismo Rural (Agatur), están a desenvolver unha experiencia piloto de elaboración dun catálogo de produtos no sector do turismo rural para a próxima campaña de outono 2018. Para iso durante estes meses de tempada estival están a manterse unha serie de encontros de traballo cos diferentes asociados a fin de avanzar na articulación destas propostas de actividades complementarias.

O obxectivo é que a oferta de aloxamento coa que conta Galicia complétase cunha atractiva proposta de actividades complementarias que permitan ofrecer ao viaxeiro unha experiencia máis completa e enriquecedora. Ao longo do mes de xullo xa se tivo lugar as primeiras reunións de traballo, coas asociacións Mar de Compostela, Campo e Mar, Ribeira Sacra Rural e Agatur, participando preto dunha trintena de establecementos. A creatividade e o entusiasmo dos participantes están a ser unha das características do proceso.

“O obxectivo é poder articular unha multiplicidade de propostas turísticas encamiñadas a dinamizar as casas rurais entre outubro e novembro, de xeito que se poñan en valor as distintas iniciativas que tanto asociacións comarcais de turismo rural como os establecementos a título individual adoitan desenvolver nese período de menor actividade”, explica o secretario do Clúster Turismo de Galicia, Cesáreo Pardal, presidente de Fegatur. Tamén están previsto incorporar novas propostas que de maneira experimental permitan comprobar o grao de aceptación entre o viaxeiro galego e o de fóra de Galicia.

Unha vez recompilada toda esta información e elaborado este catálogo, a campaña de promoción do turismo rural de Galicia arrincará a finais de setembro cunha acción ddenominada “Ven de finde co turismo rural de Galicia”, que os establecementos participantes están a planificar dunha maneira participativa nas sesións de traballo e que busca chamar a atención á cidadanía das experiencias que se poden vivir en Galicia da man dos establecementos de turismo rural.

Encontro en Compostela
Ao longo do mes de agosto continuarán os contactos e reunións con diferentes entidades do sector turístico rural galego pero, ademais, programouse un encontro aberto á totalidade edl sector para o próximo 30 de agosto, en Santiago de Compostela. A xornada de portas abertas para dar a coñecer esta iniciativa terá lugar ás 17h en Aula 1 da biblioteca da Cidade da Cultura. Calquera establecemento de turismo rural ou asociación de turismo rural interesada en participar nesta iniciativa pode dirixirse a estudos.fegatur@gmail.com ou ao teléfono 667445596.

06 de Agosto de 2018
proyectoturismorural_Ribeira Sacra 1

Fegatur, Agatur e o Clúster Turismo de Galicia traballan no desenvolvemento dun catálogo de produtos de turismo rural para este outono

Ao redor de 60 empresas do sector do turismo rural poderían beneficiarse deste traballo, encamiñado a dinamizar a campaña de outono nestes establecementos turísticos No marco […]
02 de Agosto de 2018
AugustaSPAResort_HotelAdmiteMascotas

A ocupación dos aloxamentos rurais que admiten mascotas é maior que a media xeral

Segundo o portal escapadarural.com, Estremadura, Galicia e Murcia destacan pola oferta destinada ao turismo petfriendly Cada vez en maior medida os aloxamentos de turismo rural oriéntanse […]
03 de Xullo de 2018
OCUPACION MAYO

O turismo rural volve liderar o crecemento de viaxeiros en Galicia cun 11% máis de aloxados no mes de maio

Os establecementos extrahoteleros creceron un 7,6% en número de viaxeiros, tres puntos máis que os hoteis O mes de maio tamén arroxou datos positivos para o […]
22 de Abril de 2018
encuentro amtega turismo 2018

O Clúster Turismo de Galicia solicita o compromiso da administración para a mellora da conectividade en Galicia

A directora da AMTEGA e de Turismo de Galicia mantiveron un encontro con representantes do CTG para coñecer os proxectos previstos para a mellora do acceso […]