turismo náutico

A Consellería de Cultura e Turismo promoveu durante esta semana a celebración dunha serie de actividades formativas sobre a Ruta WAOH!, o itinerario no que Galicia está presente xunto ao Reino Unido, Irlanda e Portugal centrado no turismo do mergullo. Os participantes deste tipo de accións formativas son persoal de turismo de administracións locais e geodestinos así como profesionais de empresas especializadas en actividades de mergullo, kaiak, paseos en barco, avistamento de cetáceos e empresas comercializadoras que reciben esta formación co obxectivo de impulsar o ecoturismo costeiro-mariñeiro.

Esta acción permitiralle, ademais, que os seus participantes se formen como operadores e guías da Ruta WAOH!, unha iniciativa que conta co apoio financeiro do Fondo Europeo e Marítimo para a Pesca (FEMP) da Unión Europea e nace para fortalecer Europa como un destino sustentable que permite conectar lugares de mergullo de primeiro nivel establecendo sinerxías con outras actividades náuticas como paseos en kaiak, avistamento de cetáceos e paseos en barco.

10 de Abril de 2019
Formación xornada turismo náutico WAOH

Arrinca a formación para que o sector turístico galego se acredite para traballar na futura ruta atlántica WAOH!

A Consellería de Cultura e Turismo promoveu durante esta semana a celebración dunha serie de actividades formativas sobre a Ruta WAOH!, o itinerario no que Galicia […]
28 de Decembro de 2018
puerto

Galicia supera a barreira do 10 mil tránsitos de barcos nun ano no conxunto dos seus portos

Soben o número de barcos que elixen os portos de Rías Baixas para recalar, cun incremento interanual do 18% sendo Muros e Combarro os portos que […]
21 de Decembro de 2018
sentir o mar

Sentir o mar, un proxecto para impulsar o turismo inclusivo na ría de Muros-Noia

Conseguir que a discapacidade visual non é un impedimento para que estas persoas poidan gozar tamén da navegación tradicional a través dun percorrido polas rías galegas […]
30 de Outubro de 2018
travesia nautica xacobea

O Camiño de Santiago a vela coa Travesía Náutica Xacobea

A iniciativa, impulsada por Xunta en colaboración con Asnauga, xa está operativa desde Ribadeo e desde Baiona, tras a finalización das obras no Monte Real Club […]