turismo galicia

A Asociación de Directivos de Comunicación en Galicia, Dircom Galicia, foi a responsable da definición dunha sesión de traballo que congregou a expertos en comunicación, mercadotecnia, publicidade e xornalistas das principais empresas en Galicia e medios como Estrela Galicia, Gas Natural Fenosa, O Corte Inglés, Frinsa, Coca-Cola a CRTVG, ABC Galicia ou La Voz de Galicia. A xornada, Que é para ti Galicia?, organizada en conxunto co Cluster Turismo de Galicia contou tamén coa colaboración de Markea e Creatividade Galega.

O Real Club Náutico de Sanxenxo foi o lugar escollido para esta xornada de traballo que se enmarca no proceso participativo que o Clúster Turismo de Galicia está coliderando con Turismo de Galicia, para a elaboración da Estratexia de Turismo de Galicia 2017-2020.

Coñecer a visión de expertos na definición dos valores que diferencian Galicia e sitúana como destino turístico e expor como traballar para crear marca Galicia, foron dúas dos principais obxectivos perseguidos nesta xornada que permitirá contribuír á folla de ruta que trazará as liñas de traballo a seguir no sector turístico galego no catro próximos anos.

Entre as principais conclusións extraídas, que se formalizarán nun documento elaborado por Dircom para que o Cluster Turismo de Galicia incorpore ao Plan Estratéxico de Turismo de Galicia 2020, os expertos puxeron de manifesto a necesidade de definir un único posicionamento, e ese é o da calidade. Galicia debe ser única e apostar polos seus aspectos diferenciadores, debe ser multiproducto pero cunha única marca.

Valentía, emocións, dixitalización e profesionalización son algúns dos pasos necesarios para crear marca e apostar polo desenvolvemento de Galicia. Un territorio cunha variada e ampla oferta, pero que debe unirse para ser forte e comunicar cara a un mesmo obxectivo que permita crear unha verdadeira marca país.

A involucración do sector privado quedou onte patente, que xunto co apoio da administración, fará posible o construír unha verdadeira marca Galicia. A necesidade de contar cun ente xestor de marca é o primeiro paso para desenvolver unha estratexia de comercialización e dar respostas a un sector vertebrador, o máis social en Galicia. Xorde a necesidade, e é o mellor momento, de formalizar unha aposta política clara polo desenvolvemento do turismo en Galicia, xa que é algo que nos beneficia a todos.

Estas e outras conclusións incorporaranse ao documento final que se entregará a final de ano á Xunta de Galicia. A sesión foi organizada a través de dúas mesas redondas globais, “Definindo o briefing: Que é Galicia? Valores e posicionamento” e “Crear marca país. Estratexia para a competitividade do sector turístico”, e catro workshops temáticos para traballar na definición de marca país, a estratexia de destino e a campaña creativa.

O Cluster Turismo de Galicia, representante de toda a cadea de valor do turismo galego, desde o seu inicio liderou a colaboración público-privada do sector, e continuará coa execución desta folla de ruta, para a elaboración da súa estratexia, a través dun proceso participativo e aberto que está a implicar tamén, por primeira vez, ao tres Universidades galegas e a expertos nas diferentes materias para que acheguen a súa experiencia e coñecementos a este proceso.

25 de Outubro de 2016
foto grupo

A industria da comunicación lidera unha xornada única para fortalecer e apostar pola marca Galicia como destino turístico

A Asociación de Directivos de Comunicación en Galicia, Dircom Galicia, foi a responsable da definición dunha sesión de traballo que congregou a expertos en comunicación, mercadotecnia, […]
27 de Xullo de 2015

La rentabilidad del sector turístico gallego mejora en el primer semestre del año

Las cifras de llegada de turistas a la comunidad gallega sigue anotando cifras récord durante estos primeros meses del año 2015 pero una de los índices […]
20 de Marzo de 2015

Galicia, destino único

A directora de Turismo de Galicia, acompañada dos alcaldes da comarca, inauguraron a 5ª edición de Turexpo en Silleda A ampla e diversa oferta turística galega que […]
16 de Febreiro de 2015

Hasta el 22 de febrero Galicia estará presente en Free, en Munich, la feria más importante del sur de Alemania

El alemán, tras el británico, es el segundo mercado internacional más importante para la comunidad La cifra de alemanes alojados en establecimientos turísticos gallegos se incrementó […]