Turismo de Galicia

A Comisión Sectorial de Turismo celebrada na sede do Ministerio de Industria, Comercio e Turismo en Madrid aprobou a creación dun grupo de traballo específico de turismo no que estean representadas todas as Comunidades autónomas españolas e que se centrará na preparación do Xacobeo 2021.

Durante a reunión tamén se aprobou o sistema de sinalización turística homologada (SISTHO), no que se inclúe a ruta cicloturista Eurovelo ao seu paso por Galicia e informouse sobre a conxuntura turística española así como a conveniencia de levar a cabo medidas para aplicar a Axenda 2030 de Desenvolvemento Sustentable no campo turístico.

Na Comisión Sectorial de Turismo, na que participaron directores e secretarios xerais de turismo de diferentes comunidades autónomas españolas entre os que se estivo presente a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, abordáronse igualmente temas como as normativas das vivendas de uso turístico que no caso de Galicia están a ser reguladas de maneira eficaz a través do decreto en vigor desde 2017, que está a protexer aos usuarios e aos empresarios do intrusismo profesional e velando pola convivencia de usos nas máis de 7.700 vivendas rexistradas. As festas de interese turístico nacional e internacional ou as consecuencias do Brexit no mercado turístico español foron outros dos asuntos abordados no encontro.

A creación deste grupo de traballo alíñase co obxectivo da Consellería de Cultura e Turismo que avanza para que todo o Estado poda implicarse na organización deste acontecemento. Así, de maneira paralela, tamén se solicitou ao Ministerio de Industria, Comercio e Turismo que o Consello Xacobeo, no que até o momento están representadas as comunidades polas que pasa o Camiño de Santiago, tamén se abra á participación de todo o territorio español para que poida implicarse na celebración do Ano Santo.

01 de Abril de 2019
20190328ComisionSectorialTurismo02

A Comisión Sectorial de Turismo acorda crear un grupo de traballo para implicar a todas as comunidades no Xacobeo 21

A Comisión Sectorial de Turismo celebrada na sede do Ministerio de Industria, Comercio e Turismo en Madrid aprobou a creación dun grupo de traballo específico de […]
27 de Marzo de 2019
Consello Rector Turismo de Galicia

Turismo de Galicia abre a participación do seu Consello Reitor ao sector privado, a Fegamp e as deputacións provinciais

O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, presidiu a reunión deste órgano na que se repasaron as últimas estatísticas e os plans postos en marcha […]
04 de Febreiro de 2019
ITB Berlin logo

O Clúster de Turismo de Galicia prepara xa a súa nova misión comercial á feira internacional de turismo ITB Berlín

O mercado alemán segue sendo un dos máis importantes para a oferta turística galega Con Malaisia como pais convidado, Berlin prepárase xa para a próxima edición […]
01 de Febreiro de 2019
cartel trenes turísticos galicia galicia2018

Os trens turísticos de Galicia estrean en 2019 unha ruta por “os Camiños de Santiago”

Cos preparativos do próximo Xacobeo 2021, os Trens Turísticos non podían se non incorporar entre as súas novidades para este ano, unha ruta polos Camiños de […]