turismo de familias

Desde un punto de vista colaborativo e moi orientado cara ao sector turístico, Galicia Destino Familiar é a marca impulsada polo Clúster Turismo de Galicia para fomentar e mellorar a comercialización e a creación de produtos específico para o turismo de familias. Desde a súa creación en 2016, empresas e Clúster viñeron traballando na consolidación da iniciativa que esta semana celebraba unha xornada de traballo na que se fixo balance das accións levadas a cabo durante o ano e avanzouse nos obxectivos para 2020.

Neste sentido, o secretario do Clúster Turismo de Galicia e presidente de Feprohos, César Ballesteros, debullou as accións levadas a cabo até a data, tras a posta en marcha do selo e a captación de empresas asociadas. “Agora atopámonos inmersos na terceira fase de desenvolvemento, centrada na comercialización e captación de ofertas, con almacenistas e axencias de viaxe”, explicou Ballesteros, que resaltou que “atopámonos nunha fase de madurez do selo Galicia Destino Familiar, coa resposta de máis de 40 organizacións que cofinancian o desenvolvemento do programa, coa capacidade de traballar de forma coordinada e cunha dimensión que só un programa destas características pode ofrecer, temos que afrontar novos retos”.

Ademais, destacou o reforzo para a marca que significou a participación de Galicia Destino Familiar en BASQUETOUR, o foro de Turismo Familiar celebrado en Zarauz o pasado 12 de xuño. Neste sentido desenvolveuse a xornada, con encontros B2B “para que tamén o programa Galicia Destino Familiar poida servir de mecanismo para que nos coñezamos e podamos ofrecer produtos de forma conxunta. Contaremos para iso coa colaboración das axencias de viaxe co fin de conseguir vender máis e mellor”.

Finalmente, ademais de celebrarse o encontro de traballo, tamén se profundou na proposta dunha campaña a nivel nacional e en tempada baixa, que estaría vixente durante os próximos 9 meses e cuxo obxectivo sería dar a coñecer a marca cunha proposta centrada nos máis pequenos da casa.

09 de Outubro de 2019
WhatsApp Image 2019-10-08 at 11.22.49 (1)

Galicia Destino familiar celebra un encontro cos seus adscritos para facer balance do proxecto e avanzar nunha campaña para a tempada baixa

Desde un punto de vista colaborativo e moi orientado cara ao sector turístico, Galicia Destino Familiar é a marca impulsada polo Clúster Turismo de Galicia para […]