turismo activo

A provincia tamén foi protagonista da presentación do primeiro paquete turístico transfronteirizo e da presentación da marca Manzaneda-Trevinca

Coa actriz Miryam Galego como representante de excepción, Ourense presentouse en Madrid a súa nova campaña promocional. Baixo o título ?Ourense, un plan perfecto?, a cidade das Burgas presentouse como lugar para descubrir unha terra chea de posibilidades, de gastronomía, termalismo, arte, vangarda, historia… avanzando na idea de paquetizar mellor a oferta ourensá centrada na oferta termal, gastronómica e cultural da cidade, con especial atención aos trens especiais que conectan a cidade con outros puntos xeográficos e que a converten en destino perfecto para escapadas de fin de semana e pontes, especialmente no outono, aínda que o obxectivo é tamén desestacionalizar e apostar por unha cidade atractiva todo o ano.

Apoiada nestes recursos, Ourense singulariza a súa oferta como destino ideal para o turismo familiar e aposta por desestacionalizar o turismo tradicional, segundo explicou o rexedor ourensán, Jesús Vázquez, que estivo acompañado pola actriz Myriam Galego, e o concelleiro de Turismo e Termalismo, Jorge Pumar.

Chaves-Verín presenta o primeiro produto turístico transfronteirizo
A Agrupación Europea de Cooperación Territorial (AECT) Eurociudad Chaves-Verín presentou o primeiro paquete turístico transfronteirizo da Unión Europea, unha proposta que vira ao redor da ruta termal e da auga Verín-Chaves-Vidago dando a posibilidade de adquirir un paquete de 4 días (3 noites) na eurociudad da auga para coñecer o tres vilas termais, Verín-Chaves-Vidago desde 195 euros por persoa/día.
O paquete, que será comercializado por CN Travel en España e Portugal, estará dispoñible online e en axencias de viaxe durante todo o ano. Deste xeito, a Eurociudad Chaves-Verín logra o obxectivo de comercializar o seu principal referente promocional do destino transfronteirizo.

Presentación do destino Manzaneda-Trevinca
A través do INORDE, a cita madrileña tamén acolleu por vez primeira a presentación deste destino ourensán, Manzaneda-Trevinca baixo a lema ?Quero ir, quero sentir?. Unha marca que agrupa a 13 concellos da provincia e que centra a súa aposta polo desenvolvemento do turismo deportivo, astroturismo, o enogastroturismo e o turismo activo. Ademais, as dúas comarcas gozan de dous polos de atracción do fluxo de visitantes como é o punto máis alto de Galicia: Trevinca, e o Destino Starlight, ambos os pertencentes ao Concello da Veiga.
A imaxe do destino foi elaborada coas cores máis representativas do territorio: branco da neve, vermello do viño mencía -onte acordouse que tamén reflicta o do godello-, laranxa dos camiños e do patrimonio -Vía Nova, Camiño de Inverno-, verde da natureza e azul do ceo.

22 de Xaneiro de 2017
ourense fitur

Ourense, plan perfecto para escapadas

A provincia tamén foi protagonista da presentación do primeiro paquete turístico transfronteirizo e da presentación da marca Manzaneda-Trevinca Coa actriz Miryam Galego como representante de excepción, […]
20 de Xaneiro de 2017
Pantin Classic

Portos de Galicia promociona a oferta turística de cruceiros en Fitur

O presidente de Portos de Galicia, José Juan Durán, foi o encargado de detallar en Fitur a oferta náutica galega orientada cara á captación de novos […]
19 de Xaneiro de 2017
ferrol

Ferrol, destino cultural e Semana Santa ferrolá e de Viveiro, reclamos de primavera

A potencia da Semana Santa tanto de Viveiro como de Ferrol foi presentada en Fitur como unha oportunidade para realizar turismo cultural e gastronómico especialmente na […]
10 de Agosto de 2016
cartel_btt_senderismo_vedra

Vedra acollerá a primeira BTT da Ruta do Viño Rías Baixas

A Ruta do Viño Rías Baixas celebrará en Vedra a súa primeira BTT, a cita será o domingo 25 de setembro e contará con dous percorridos: […]