turismo activo

Máis de 40 entidades traballan estes meses no desenvolvemento de sorportes e materiais de promoción dos novos produtos turísticos vinculados co turismo activo

Os 11 produtos turísticos que se están xerando este ano promocionaranse a través da web http://www.galiciadestinoactivo.com/

Galicia Destino Activo traballa estes días na elaboración de materiais de promoción para a posta en marcha de novos produtos turísticos vinculados a turismo activo. En estreita colaboración coas 40 empresas turísticas galegas que se implicaron este ano, estes días avánzase na rodaxe dos vídeos que se van a elaborar para mostrar as experiencias vividas polo público obxectivo de cada un dos produtos creados.

En total está a traballarse en 11 novos produtos de turismo activo, nados froito do workshop celebrado o pasado mes de maio e das mesas e reunións de traballo posteriores. As empresas implicadas levan desde entón avanzando na definición destes produtos, orientados a segmentos de turistas moi específicos. O resultado son 11 produtos turísticos que, ademais de incluír outras actividades complementarias, teñen como nexo común a práctica de actividades de turismo activo. Nestes produtos teñen representación empresas de todo a cadea de valor do sector turístico galego, desde intermediarios turísticos, empresas de transporte, restauración, guiado turístico, actividades náuticas e aloxamento pero o papel máis representativo é o das empresas de turismo activo.

Redeseño da web e apps
A produción destes vídeos ten como obxectivo captar a experiencia real que o público obxectivo de cada un dos produtos sente cando realiza a actividade, chamar a atención do segmento representado dunha maneira amena e buscar unha correcta xestión das expectativas e a tanxibilidade do produto.

Os curtos estarán vinculados ao redeseño da web de Galicia Destino Activo (http://www.galiciadestinoactivo.com/) e dos seus app, que se lanzarán a finais do mes de outubro. Tamén nutrirán as redes sociais desta marca e formarán parte da acción de promo-comercialización destes produtos.

Cabe destacar que este traballo se está levando a cabo coa colaboración tanto das empresas vinculadas no desenvolvemento de produtos, que crearon unha satisfactoria relación para situar Galicia como un dos principais destinos para a práctica do turismo activo, como coa colaboración de usuarios reais que toman parte nas experiencias.

10 de Setembro de 2018
rodaje galicia destino activo

En marcha a elaboración de materiais de promoción para 11 novos produtos de turismo activo galegos

Máis de 40 entidades traballan estes meses no desenvolvemento de sorportes e materiais de promoción dos novos produtos turísticos vinculados co turismo activo Os 11 produtos […]
13 de Xuño de 2018
destino_activo_11-06_DSC02801

Galicia Destino Activo avanza na creación de máis de 16 produtos de turismo activo

A marca de referencia de Turismo Activo de Galicia está a involucrar a través de mesas de traballo a tódalas empresas turísticas do territorio galego con […]
24 de Maio de 2018
workshop GDA 2

Un cento de empresas turísticas galegos apostan polo turismo activo para dinamizar a súa oferta

A Cidade da Cultura acolleu un workshop para dar a coñecer a marca Galicia Destino Activo e promover sinerxías entre empresas Os produtos turísticos xerados no […]
23 de Maio de 2018
reunión comité Sportur

O II Salón do Deporte e o Turismo Activo amplía un día máis de programación

Celebrarase en Expourense os días 15, 16 e 17 de novembro como antesala á Carreira Popular de San Martiño A primeira reunión do comité asesor de […]