turismo activo

A Cidade da Cultura de Santiago de Compostela acolleu esta semana a II Xornada Galicia Destino Activo, concibida co obxectivo de continuar no traballo de posicionamento da marca e da oferta turística vinculada ao turismo deportivo e activo. Neste contexto a xornada centrouse na presentación da marca, a valoración dos resultados obtidos en 2018 e na celebración dun workshop con empresas que queiran unirse á marca ou implementar novos produtos turísticos que sigan a estrutura dos creados até o momento.

Un total de 8 empresas participaron no workshop para avanzar na creación de 3 novos produtos ligados ao Turismo Activo, que deberán incluír necesariamente empresas de turismo activo, aloxamentos, axencias de viaxes, servizo de restauración, guías turísticos así como outros servizos complementarios como museos, centros de interpretación ou portos deportivos, segundo as pautas de creación de produto establecidas para a marca GDA. Deste workshop xurdiron as mesas de traballo que avanzará na creación deste tres novos produtos, obxectivo deste ano para a marca Galicia Destino Activo.

25 de Setembro de 2019
workshop Galicia Destino Activo 24.09.2019

A marca Galicia Destino Activo establécese como obxectivo a creación de 3 novos produtos de turismo activo

A Cidade da Cultura de Santiago de Compostela acolleu esta semana a II Xornada Galicia Destino Activo, concibida co obxectivo de continuar no traballo de posicionamento […]
20 de Setembro de 2019
sportur 2019

A nova edición de Sportur Galicia acollerá o I Congreso Ibérico de Turismo Deportivo

A celebración do I Congreso Ibérico de Turismo Deportivo será a principal novidade da terceira edición de Sportur Galicia, Salón do Deporte e Turismo Activo de […]
09 de Xullo de 2019
Costa das Ondas 1

Costa das Ondas abre o proceso de adhesión para incorporar novas empresas

As entidades adheridas, que deberán estar situadas nalgún dos 21 municipios do geodestino Ferrol-Rías Altas, beneficiaranse das accións do programa O proxecto de dinamización turística e […]
03 de Xullo de 2019
concurso de ideas (1)

O Clúster Turismo de Galicia impulsará cos seus asociados 5 proxectos de promoción de destino por valor de máis de 130 mil euros

A entidade xa está na fase de licitación e posta en marcha das propostas, que foron aprobadas na pasada Asemblea Xeral No marco das actuciones aprobadas […]