Termatalia México – Coahuila celebrarase no Centro Cultural da Universidade Autónoma de Coahuila entre o 29 de setembro e o 1 de outubro

Baixo a lema “Naturalmente saudable”, Termatalia, a feira especializada en turismo termal, de saúde e benestar, afronta a súa terceira edición en América e a primeira en México, que se celebra no estado de Coahuila entre o 29 de setembro e o 1 de outubro. Máis de 200 expositores e a profesionais de 35 países daranse cita neste encontro que converterá o estado mexicano en epicentro mundial do sector. “Coahuila amosará ao mundo como facer negocio”, explicou o director do evento, Alejandro Rubín, que indicou que a feira replicará a estrutura que mantén na súa sede oficial en Ourense, capital termal de Galicia.
A finalidade desta feira é fomentar o intercambio de experiencias entre distintos continentes desde un punto de vista empresarial, institucional e social que permitirá obter unha perspectiva global do sector impulsando o mercado estratéxico do Turismo Termal e de Benestar a nivel mundial, á vez que se establecen vínculos científicos e comerciais entre o continente europeo e americano. Ademais, as empresas e entidades expositoras reflectirán o elenco de axentes que interveñen, desde a captación do recurso da auga até a comercialización do destino turístico, pasando polo deseño, construción e xestión de centros termais, promocionando e fomentando así a “Cultura da auga”.
Gastronomía, catas de augas…
A feira conta con tres puntos dinamizadores importantes, como son o Centro Termal, que recrea as distintas áreas e equipamentos que ofrecen este tipo de instalacións dotadas das últimas tecnoloxías; o Bar de Augas, que ofrece a degustación gratuíta de augas envasadas de diferentes países para fomentar o seu consumo e as súas indicacións para a saúde e, por último, os asistentes á feira poden gozar dun tratamento na área de Relax e Benestar, xestionado pola Asociación Lationamericana de Spa.
Este ano, Termatalia contará ademais cun espazo dedicado á alimentación sustentable desde a que promover hábitos saudables. A área de Gastronomía Saudable contará con exhibicións gastronómicas diarias a cargo de chefs de España, México, Arxentina ou Costa Rica.

Networking
Unha das principais accións será a Bolsa de Contratación Turística que concentrará 27 turoperadores de Europa e América, que desenvolverán axenda de traballo cos destinos de turismo de saúde e benestar que participan en Termatalia, e moi especialmente de México, Coahuila, e Galicia (rexión española de orixe do proxecto). Os profesionais e empresas que desexen participar deste evento único poderán solicitar as súas credenciais na web oficial www.termatalia.com. Da mesma forma a organización habilitou unha APP oficial de descarga gratuíta na que os usuarios atoparán toda a información así como tamén poderán solicitar reunións coas empresas expositoras.
Encontro internacional de Auga e Termalismo
De forma paralela a Termatalia celébrase cada ano o Encontro Internacional sobre Auga e Termalismo, que arrinca xa o mércores 28. Trátase dunha serie de foros e xornadas técnicas que abordan o sector desde unha perspectiva multidisciplinar (turística, médica, ambiental, legal, económica, etc.). Esta edición reunirá a 48 expertos procedentes de 15 países. Desenvólvese en tres días e divídese en catro bloques temáticos: a Xornada sobre Turismo, Innovación e Sustentabilidade; Sesión Científica sobre Hidroterapia e Hidrología Médica; a Sesión sobre Xestión do Negocio Spa, Termal ou Talasoterapia e o Encontro de Cidades Termais. Este programa compleméntase cunha ampla oferta de cursos de capacitación impartidos por reputados expertos internacionais e destinados a diferentes profesionais como médicos, hostaleiros, axentes de viaxes, xerentes de centros termais e spa, terapeutas, etc.

Para estas accións, Termatalia, ademais do apoio do Goberno de Coahuila, conta coa colaboración do Instituto Galego de Promoción Económica da Xunta de Galicia, de Turismo de Galicia, o Concello de Ourense e a Deputación de Ourense.

PROXECTO COFINANCIADO POR IGAPE, XUNTA DE GALICIA E FONDO EUROPEO DE DESENVOLVEMENTO REXIONAL DO PROGRAMA OPERATIVO 2014-2020

logos FEDERgalicia

27 de Setembro de 2016
Termatalia Mexico 1

“Naturalmente saudable”, lema da edición mexicana de Termatalia

Termatalia México – Coahuila celebrarase no Centro Cultural da Universidade Autónoma de Coahuila entre o 29 de setembro e o 1 de outubro Baixo a lema […]
06 de Setembro de 2016
IMG_4434-1

A oferta turística galega estará presente en catro feiras sectoriais no mes de setembro

Unibike, en Madrid, JATA en Xapón, Gran Pavois en Francia e Termatalia en México serán as citas nas que estará presente o sector a través de […]
05 de Setembro de 2016
convenio termatalia

Expourense asina un convenio de colaboración co Servizo de Nacional de Aprendizaxe de Colombia do que se beneficiará Termatalia e Xantar

Expourense asinou un convenio de colaboración e asesoramento en Colombia coa institución encargada da formación profesional a nivel estatal, o Servizo Nacional de Aprendizaxe (SENA) en […]
05 de Agosto de 2016
termatalia-1

O Clúster Turismo de Galicia participará en Termatalia México en accións de promoción para os seus asociados

Co obxectivo de contribuír a situar a imaxe de calidade das empresas turísticas galegas no mercado mexicano, o Clúster de Turismo de Galicia participará na Feira […]