Termatalia Brasil 2018 celebrarase entre o 12 e o 14 de setembro no Centro de Convencións Mestra do Hotel Recanto Cataratas de Foz do Iguaçu baixo a lema “A Enerxía das Augas”. Estas novas datas supoñen un adianto dunha semana con respecto ás que se fixeron públicas ao comezo da promoción desta edición e ten o obxectivo de desconcentrarla e separala no tempo duns días intensa actividade de eventos en Foz do Iguaçu. A celebración da feira entre o 12 e o 14 de setembro permitirá prestar mellor servizo aos profesionais que participen en Termatalia e facilitará as conexións aéreas ata a cidade sede desde os máis de 25 países que está previsto participen na feira. O Centro de Convencións Mestra do Hotel Recanto Cataratas é un espazo moderno e equipado da última tecnoloxía para a organización de calquera tipo de evento.
Tanto o cambio de datas como o lugar de celebración da feira foron anunciados en Brasil nun acto no que estiveron presentes representantes de Termatalia e autoridades e representantes da sede na que se desenvolverá o evento. Un acto no que tamén se presentou o cronograma de actividades da “Semana Termatalia” na que se organizarán accións profesionais desde o día 10 ata o 15 de setembro (aínda que a feira en se se celebrará os días 13 e 14 de setembro). O cronograma sería o seguinte:
– Días 10 e 11 de setembro: Cursos de capacitación profesional.
– Día 12 de setembro: Xornada de apertura do XIII Encontro Internacional sobre Auga e Saúde.
– Días 13 e 14 de setembro: celebración da Feira Internacional de Turismo de Saúde e Benestar Termatalia Brasil 2018. Durante estes días celebrarase o Workshop de Turismo de Saúde – Bolsa de Contratación Turística e continuará o XIII Encontro Internacional sobre Auga e Saúde.
– Día 15 de setembro: Rutas termais e Networking.
A elección de Brasil como sede estivo liderada polo Fondo Iguazú de Desenvolvemento e Promoción Turística e a Prefeitura de Foz do Iguaçu e está apoiada polas principais entidades públicas e privadas vinculadas ao turismo nesta rexión e tamén no país (Estado de Paraná e o propio Ministerio de Turismo de Brasil) para situala a nivel internacional, tamén como destino termal. Termatalia Brasil 2018 conta ademais con compromiso da Itaipú Binacional, a central hidroeléctrica máis grande do mundo en xeración de enerxía limpa e renovable.

28 de Febreiro de 2018
Termatalia Brasil

Termatalia Brasil 2018 atrasa unha semana a súa cita en Foz de Iguaçu e celebrarase do 12 ao 14 de setembro

Termatalia Brasil 2018 celebrarase entre o 12 e o 14 de setembro no Centro de Convencións Mestra do Hotel Recanto Cataratas de Foz do Iguaçu baixo […]
22 de Decembro de 2017
presentacion club da auga

Nace o Club da Auga de Galicia, impulsado por Turismo de Galicia

Turismo de Galicia presentou unha nova iniciativa turística, orientada á xeración de produtos turísticos especializados e innovadores que contribúan a contruir unha oferta turística competitiva e […]
11 de Maio de 2017
vademecum

A Cátedra de Hidrología Médica da USC recompila as indicacións terapéuticas de todos os balnearios de Galicia

A Cátedra de Hidrología Médica da USC en colaboración con Balnearios de Galicia elaborou o primeiro Vademécum das augas mineromedicinais de Galicia, unha obra de utilidade […]
01 de Abril de 2017
balneario de Cortegada

Impulso ao turismo de saúde en Cortegada e Baiona

Turismo destinará 50.000 euros para acondicionar o antigo balneario de Cortegada mentres que Baiona dá pasos para construír o primeiro talaso público de Galicia Turismo de Galicia […]