A celebración do I Congreso Ibérico de Turismo Deportivo será a principal novidade da terceira edición de Sportur Galicia, Salón do Deporte e Turismo Activo de Galicia que se celebrará en Expourense os días 15 e 16 de novembro. Así, este congreso celebrarase os días 14 e 15 de novembro baixo o auspicio de Expourense co apoio da Xunta de Galicia, Deputación de Ourense e Asociación do Deporte Español (ADESP) e co obxectivo de reforzar o carácter profesional da feira.

O congreso abordará diferentes temáticas como as políticas públicas, o turismo activo, casos de éxito de eventos deportivos en cidades ou zonas rurais, o turismo náutico e deportivo e o seu impacto económico ou o desenvolvemento do propio sector turístico. Outra das novidades sobre Sportur Galicia presentadas onte ao comité asesor foi o feito de que a pista de atletismo hidráulica coa que conta Expourense estará instalada para esta feira multiplicando así as opcións á hora de organizar actividades deportivas e exhibicións.

A terceira edición do Salón do Deporte e Turismo Activo dividirase de novo en tres áreas. A primeira delas dedicada á exposición comercial de produtos e servizos e á promoción de destino turístico. A segunda estará centrada nas exhibicións deportivas e a última destas áreas será a profesional que inclúe a organización de workshops con axencias de viaxes nacionais e internacionais.

20 de Setembro de 2019
sportur 2019

A nova edición de Sportur Galicia acollerá o I Congreso Ibérico de Turismo Deportivo

A celebración do I Congreso Ibérico de Turismo Deportivo será a principal novidade da terceira edición de Sportur Galicia, Salón do Deporte e Turismo Activo de […]
16 de Novembro de 2018
presentación sportur

Galicia Destino Activo fai balance do seu programa de accións en Sportur

A marca de referencia de Turismo Activo de Galicia estivo presente no Salón do Deporte e Turismo Activo que se celebrou en Ourense Con motivo da […]
15 de Novembro de 2018
apertura oficial Sportur 2018

Expourense acolle a segunda edición do Salón de Deporte e Turismo Activo Sportur, que espera albergar a máis de 10 mil visitantes

A programación desenvólvese do 15 ao 17 de novembro no recinto feiral ourensán e inclúe a programación de máis dun centenar de actividades entre as que […]
23 de Maio de 2018
reunión comité Sportur

O II Salón do Deporte e o Turismo Activo amplía un día máis de programación

Celebrarase en Expourense os días 15, 16 e 17 de novembro como antesala á Carreira Popular de San Martiño A primeira reunión do comité asesor de […]