Trala súa recente constitución e posta en marcha, a Rede Estatatal de Destinos Turísticos Intelixentes conta xa cos seus órganos de dirección: a comisión plenaria e a comisión executiva. No caso desta última quedou formada con participación galega xa que, ademais da presidencia, a cargo da secretaría de Estado de Turismo, e 3 vicepresidencias,Segittur, FEMP e Rede.é, a comisión executiva da Rede quedou constituída por nove vocalías correspondentes a nove destinos entre os que se conta un galego, Pontevedra, xunto con Benidorm, Calvià, Donostia, Arona, Palencia, Avilés, Santander e San Bartolomé de Tirajana.

Á Rede DTI, da que forman parte preto de 70 destinos, sumáronse varios membros institucionais: FEMP, Rede.é, a Asociación Española de Normalización, UNE; a Confederación Española de Hoteis (CEHAT), o Instituto para a Calidade Turística Española (ICTE); e as asociacións AMETIC e CONECTIC. a Deputación de Pontevedra é a única entidade galega que forma parte do comité executivo da Rede DTI, que comezou oficialmente a súa andaina tras a constitución do comité e a firma dos protocolos de participación, apoio e promoción da rede, así como a constitución das comisións, integrada por 60 destinos de toda España entre os que se atopan tamén a Deputación de Ourense e a Mancomunidade de Salnés-Sanxenxo.

Entre os seus obxectivos a Comisión ten fixados a coordinación dos destinos turísticos intelixentes con Segittur e Rede.é, así como o lanzamento de servizos de información e asesoramento a destinos turísticos intelixentes sobre axudas e fondos europeos. Entre as súas liñas de acción para o actual curso, a Comisión celebrará o segundo encontro do grupo de traballo de xestores DTI e lanzaranse as ferramentas de soporte para a rede, concretamente o portal de destinos turísticos intelixentes, CRM e unha ferramenta de autodiagnóstico. Ademais, a Comisión Executiva da Rede DTI vai iniciar os plans de acción de novos destinos turísticos intelixentes, colaborar co III Congreso Mundial de Destinos Turísticos Intelixentes e presentar un programa de traballo da Rede.

A Rede DTI vai ser a encargada de definir o modelo de turismo do futuro, promovendo un novo marco de referencia baseado na innovación, coñecemento e tecnoloxía para construír espazos turísticos innovadores, sobre unha infraestrutura de vangarda que garanta o desenvolvemento sustentable do territorio, a accesibilidade, a interacción e a integración da persoa visitante coa contorna, así como a mellora da calidade de vida das persoas que residen nos destinos.

12 de Marzo de 2019
constitucion-red-dti

Presenza galega no Comité Executivo da Rede Estatal de Destinos Turísticos Intelixentes

Trala súa recente constitución e posta en marcha, a Rede Estatatal de Destinos Turísticos Intelixentes conta xa cos seus órganos de dirección: a comisión plenaria e […]
16 de Outubro de 2018
logos-destino-turistico-inteligente_logo-dti-e1521027741941

Pontevedra e Ourense adhírense á rede estatal de Destinos Turísticos Intelixentes

A Deputación de Pontevedra e Ourense participaron en senllas reunións de presentación da Rede Estatal de Destinos Turísticos Intelixentes, un proxecto para a modernización tecnolóxica deste […]
16 de Febreiro de 2018
guia app 2018

A Guía de Aplicacións Turistas 2018 de Segittur reúne 236 apps para facilitar a vida ao viaxeiro

Duascentas trinta e seis aplicacións conforman este ano a Guía de apps turísticas 2018, que elaboran conxuntamente o Ministerio de Enerxía, Turismo e Axenda Dixital, a […]
23 de Febreiro de 2017
Jornada UpDatePEme

O TIC ao servizo da innovación no sector turístico abriron o programa #UpDatePeme

Impulsada pola AMTEGA en colaboración co Clúster a primeira xornada celebrada na Cidade da Cultura contou coa participación do director de I+D+i de Segittur, Enrique Lancis. Co […]