Rutas del VIno

Adegas e museos de Rías Baixas recibiron no último exercicio case un 7% máis de turistas, destacando especialmente as visitas a adegas

Ruta do Viño Rías Baixas recibiu en 2019 a un total de 124.104 visitantes tras experimentar un incremento de case o 7% con respecto ao exercicio anterior. Esta cifra sitúa a Ruta do Viño Rías Baixas entre o dez Rutas máis visitadas durante 2019. O “Informe de visitantes a adegas e museos do viño” elaborado polo Observatorio Turístico Rutas do Viño de España, no que se presenta información detallada sobre a oferta enoturística das 31 Rutas do Viño que conforman o Club de Produto Ruta de Viño de España, permite analizar a evolución do enoturismo nos últimos anos e, en consecuencia, realízase unha aproximación ao impacto económico deste sector. Segundo os datos deste informe, Ruta do Viño Rías Baixas ofrece un total de 85 servizos de enoturismo, entre visitas a adegas, aloxamentos ou restauración entre outros.

En 2019, o número total de visitantes ás adegas e museos do viño asociados ás Rutas do Viño de España foi de 3.076.334, o que supón un aumento do 3,8%, e un incremento de 114.955 visitantes. No caso de Rías Baixas, o total de visitas a adegas e museos suma 124.104 persoas, das cales o 96% -cun total de 118.680- correspóndense a adegas, situando a Rías Baixas como a sexta Ruta máis visitada do territorio nacional, mentres que o 4% son visitas a museos -cun total 5.424 visitas-. Como explican desde o Observatorio Turístico RVE, Rías Baixas é unha das Rutas que recibe máis visitantes ás súas adegas. Lorena Varela, xerente de Ruta do Viño Rías Baixas, incidiu en que “os datos do último exercicio son positivos para os nosos socios, pero agora temos que seguir traballando e, sobre todo, innovando e buscando fórmulas atractivas para poder crecer e facer fronte á situación extraordinaria na que nos atopamos”.

Procedencia dos visitantes e gasto medio

A orixe dos visitantes das Rutas do Viño de España é nacional no 74,7% dos casos, fronte a un 25,3% de visitantes internacionais. En Rías Baixas a porcentaxe é aínda máis elevado no caso dos visitantes nacionais, cun 83,6% fronte a un 16,4% internacionais, o que supón un repunte no turismo nacional respecto ao ano anterior. En total 103.712 persoas que visitaron Ruta do Viño Rías Baixas eran de España, fronte a 20.392 persoas de procedencia internacional.

Respecto ao gasto que realizan estes visitantes, de forma xeral o gasto medio por visitante en tenda é, considerablemente superior ao prezo medio da visita. É dicir, os turistas gastan máis na compra de viños e na adquisición doutros produtos nas adegas que na propia visita. En Rías Baixas, o prezo medio da visita é de 5,68 euros -un importe levemente superior ao de 2018- e o gasto medio en tenda ascende a 16,24 euros. Á vista destes datos, o impacto económico da Ruta do Viño e os seus asociados en Rías Baixas ascende a 1.927.363,20 euros.

Desestacionalización do turismo

Unha das conclusións principais do Informe do Observatorio Turístico RVE é que as Rutas do Viño de España contribúen de maneira importante á desestacionalización do turismo. Aínda que, son os meses de agosto, setembro e outubro os que contaron cunha maior afluencia de visitantes, destacando especialmente outubro como o mes que maior número de visitantes recibiron, con 335.453 visitas. A pesar diso, en Rías Baixas o mes de maior afluencia foi agosto, mentres que o de menor afluencia foi xaneiro.

28 de Maio de 2020
visita bodega ruta vino rías baixas

Ruta do Viño Rías Baixas no top 10 do enoturismo español en cifras de visitantes

Adegas e museos de Rías Baixas recibiron no último exercicio case un 7% máis de turistas, destacando especialmente as visitas a adegas Ruta do Viño Rías […]
16 de Outubro de 2019
Regina Viarum enoturismo vino Ribeira Sacra

Enoturismo Galicia presentará os recursos do seu cinco rutas do viño cun workshop en Madrid

Serán 30 as adegas e establecementos hostaleiros que se mostrarán o luns 28 de outubro A marca EnoTurismo Galicia, que agrupa a establecementos e adegas do […]
23 de Maio de 2019
enoturismo jovenes

O impacto do enoturismo nas Rutas do Viño de España aumentou un 20% en 2018

O impacto económico do enoturismo nas “Rutas do Viño de España” aumentou máis dun 20% no ano 2018, segundo o informe publicado pola Asociación Española de […]
19 de Abril de 2019
Viñedos Ribeira Sacra Miño Cabo do Mundo

A Xunta avanza no plan de dinamizador para o sector enoturístico galego

Os conselleiros de Medio Rural, Economía, Emprego e Industria e de Cultura e Turismo reuníronse cos representantes dos consellos reguladores vinícolas e das Rutas do Viño […]