Rutas del Vino de Galicia

A aula Gastronómica da Praza de Abastos de Santiago de Compostela acolleu esta mañá a presentación oficial da marca Enoturismo Galicia que o Clúster Turismo de Galicia impulsou coa colaboración das rutas do viño de Ribeiro, Rías Baixas, Ribeira Sacra e Monterrei para a creación dunha “marca paraugas” que permita mellorar a promoción e a comercialización do enoturismo do noso territorio.

Tal e como expresou o secretario do Clúster Turismo de Galicia, Cesáreo Pardal, “Enoturismo Galicia nace co obxecto de adoptar unha estratexia común por parte das Rutas do Viño que permitan dar a coñecer o patrimonio vitivinícola do territorio, promocionando de forma conxunta o enoturismo e a enogastronomía”, posto que, á fin e ao cabo, a enogastronomía é a segunda motivación máis importante dos turistas que visitan Galicia.

Os representantes do catro rutas do viño queparticipan da iniciativa, Concepción Igrexas Pousa, vicepresidenta do Consello Regulador do D.O. por parte do Ribeiro, José Manuel Rodríguez González, presidente da Ruta do Viño de Ribeira Sacra, o director técnico do Consello regulador de Monterrei, Luís Miguel López Núñez e o presidente da Ruta do Viño de Rías Baixas, Juan Gil Araujo, tamén participaron no acto de presentación, comentando as singularidades de cada unha delas e a importancia de traballar de maneira conxunta na promoción. Carmen Pita, da Axencia de Turismo de Galicia, foi a encargada de pechar o acto encomiando o traballo en equipo dos sectores implicados no turismo e do turismo enológico na nosa comunidade.

Showcooking e concurso
Trala presentación da marca, os medios de comunicación asistentes ao acto puideron gozar dunha cata- maridaxe dos viños do catro rutas do viño a cargo do premiado enólogo Nacho Costoya e dun showcooking con tapas elaboradas, para cada un dos viños, polos recoñecidos chefs Kike Piñeiro e Eloy Cancela da Horta do Obradoiro.
Ademais, os medios e bloggers enológicos e gastronómicos alí presentes participaron nun concurso no que o agraciado foi premiado cun paquete Outono Gastronómico consistente nun menú, aloxamento e almorzo para dúas persoas e moitos outros agasallos. Premios que tamén poderán gañar desde hoxe e até o 30 de outubro quen suban unha foto de experiencias gozado dalgún viño destas rutas a RRSS (Twitter, Facebook e Instagram) cos hasgstag #sorprendeatussentidos #enoturismogalicia.

18 de Outubro de 2016
Enoturismo Galicia presentación Santiago

Enoturismo Galicia, a nova marca paraugas para as rutas do viño de Galicia

A aula Gastronómica da Praza de Abastos de Santiago de Compostela acolleu esta mañá a presentación oficial da marca Enoturismo Galicia que o Clúster Turismo de […]
05 de Maio de 2016
xornadas portas abertas 2016

Nova edición das Xornadas de Puertas Abertas das Rutas do Viño de Galicia

As fins de semana do 21 e 22 de maio e do 28 e 29 de maio as Rutas dos Viños de Galicia celebran unha nova […]
26 de Maio de 2015

Monterrei, Ribeira Sacra e Valdeorras se preparan para su Jornada de Puertas Abiertas en las Rutas del Vino de Galicia

El transporte gratuito en autobús es común para las tres pero cada una oferta propuestas especiales para estos días El último fin de semana de mayo, […]
05 de Maio de 2015

Cuenta atrás para la IV edición de las Jornadas de Puertas Abiertas en las Rutas del Vino de Galicia

Promovidas una edición más por Turismo de Galicia, las Jornadas de Puertas Abiertas tienen como objetivo acercar la rica propuesta enoturística gallega a todos nosotros, porque […]