Romería Vikinga

P1100132A Romaría Vikinga é unha das celebracións máis antigas, singulares e coñecidas en Galicia, de feito a súa fama transcende ás fronteiras de España. Grazas a esta celebración, cada ano Catoira ábrese ao mundo e móstrase en todo o seu esplendor como destino cultural e turístico de primeiro nivel.

Esta festa de Interese Turístico Internacional, declarada no 2002, recibiu o devandito recoñecemento grazas á súa antigüidade e continuidade no tempo, así como á súa orixinalidade, arraigamento e a participación cidadá no desenvolvemento da propia festa.

A directora de Turismo de Galicia destacou durante a súa intervención que na actualidade a Romería Vikinga é un atractivo turístico de primeira orde para a comunidade, ao igual que todas as festas de interese turístico que acolle Galicia. “Dende Turismo de Galicia somos plenamente conscientes disto e por iso apostamos firmemente polas festas como un dos grandes reclamos da nosa comunidade”, afirmou Nava Castro.

03 de Febreiro de 2015

Catoira presentou na Feira Internacional de Turismo de Madrid a súa festa de Interese Turístico Internacional, a Romería Vikinga

A Romaría Vikinga é unha das celebracións máis antigas, singulares e coñecidas en Galicia, de feito a súa fama transcende ás fronteiras de España. Grazas a […]