Ribeira Sacra

mirame ribeira sacraCoa fin de presentar Mírame Ribeira Sacra, iniciativa enfocada a dar a coñecer este espazo de grande riqueza natural, patrimonial e cultural, desprazouse ata Madrid a vicepresidenta segunda da Deputación de Lugo, Lara Méndez, quen fixo unha presentación na liña de promoción da candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio da Humanidade. Méndez valorou que “conseguir o distintivo internacional de Patrimonio da Humanidade é un reto colectivo, que conseguiremos, de seguro, se traballamos todos xuntos”. Na presentación tamén se aproveitou para estrear un novo video promocional.

A través deste proxecto organizáronse diversos viaxes para a prensa para incentivar publicacións sobre natural. Con este press-trip financiouse o desprazamento dos medios de comunicación ata a Ribeira Sacra, así como a estancia en diferentes establecementos da zona. Ademais, ofrecéuselle o desprazamento polas rutas da Ribeira Sacra aos xornalistas, que estiveron acompañados dun guía turístico, co fin de afondar en aspectos máis técnicos así como resolver dúbidas.

03 de Febreiro de 2015

Miramos moi atentamente á Ribeira Sacra, que tamén presentou novo material audiovisual

Coa fin de presentar Mírame Ribeira Sacra, iniciativa enfocada a dar a coñecer este espazo de grande riqueza natural, patrimonial e cultural, desprazouse ata Madrid a […]