profesionalización

A Asociación de Profesionais do Turismo de Galicia, PROTURGA, lanzou a primeira Guía de Profesionalización do Turismo, unha publicación que pode descargarse da súa web, e que parte dun estudo realizado pola asociación sobre as competencias de cada unha das titulacións de turismo existentes no mercado en relación aos postos de traballo do sector turístico.

O seu obxectivo é sensibilizar sobre a profesionalización do sector, un aspecto que consideran clave en Proturga para mellorar a calidade e a competitividade turística xa que o capital humano é un factor irrepetible en cada organización. Aínda así, subliñan “existe unha crenza de que para traballar en turismo vale calquera, o que provoca un gran intrusismo laboral, falta de profesionalización e, unha diminución da calidade”. Dirixida a organismos públicos e privados, recolle unhas recomendacións de titulacións mínimas a incluír nos perfís de postos de empresas e organismos turísticos, así como nas esixencias dos concursos das administracións. Así, a guía distingue entre os postos de traballo aos que se accede a través de concurso público e os que ofrecen as empresas e realiza unha serie de recomendacións sobre a formación que debe esixirse en cada proceso de recrutamento, establecendo, por exemplo, que para
acceder a un posto de xefe de proxecto a través de concurso público sería necesario obter unha Diplomatura ou un Grao en Turismo e cursar un máster ou que nos procesos de contratación para traballar na dirección dun aloxamento, esíxase estar diplomado ou graduado en Turismo ou obter un Diploma Superior en Xestión Hostaleira.

A ligazón de descarga desta guía é o seguinte: https://proturga.org/campana-de-sensibilizacion/

01 de Outubro de 2019
proturga

Proturga lanza unha guía para sensibilizar sobre a profesionalización do sector turístico galego

A Asociación de Profesionais do Turismo de Galicia, PROTURGA, lanzou a primeira Guía de Profesionalización do Turismo, unha publicación que pode descargarse da súa web, e […]
20 de Febreiro de 2019
anfitriones cultura del detalle

Nova edición do programa Anfitrións do Turismo

Coordinado pola Secretaría de Estado de Turismo dentro do Plan do Turismo Español Horizonte 2020, no seu eixo Valor ao Cliente, programa Calidade Percibida, o proxecto […]
25 de Marzo de 2015
slide_06

Nace INCITUS para promover la dinamización del sector hostelero gallego

Hasta el 16 de abril está abierto el plazo para presentar candidaturas para participar en esta iniciativa de asesoramiento de profesionales a nuevos proyectos Ante la […]