Galicia, Andalucía, Estremadura e Castela e León acordan tamén trasladar ao Goberno central a necesidade de crear un Plan nacional dos Camiños de Santiago para o impulso global das Rutas Xacobeas, especialmente a da Vía da Prata

A Xunta de Galicia, Turismo Porto e Norte de Portugal, a Dirección Rexional de Cultura do Norte e a Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia-Norte de Portugal colaborarán no proxecto europeo ?Fazendo Camiño?, co obxectivo de consolidar as rutas do Camiño de Santiago na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal e impulsar o seu aproveitamento sustentable como un recurso patrimonial cultural e natural transfronteirizo.

Esta semana Galicia acolle as primeiras accións do proxecto europeo consistentes en reunións técnicas para dar a coñecer o modelo de xestión en Galicia así como os traballos de face ao próximo Ano Santo, visitas de campo para coñecer a rede pública de albergues da Xunta, mostrando o traballo levado a cabo na rehabilitación de inmobles para a acollida de peregrinos tomando como exemplo o Camiño de Fisterra e Muxía.

Fazendo Camiño foi aprobado no marco da segunda convocatoria do Programa Interreg V (POCTEP) desenvolverase até o ano 2021, cunha serie de actividades que buscan mellorar a xestión conxunta e a afluencia turística do Camiño de Santiago, así como incrementar a implicación local na conservación e protección da Ruta Xacobea.

Entre as distintas actividades programadas incluirase a creación en Portugal do Consello Luso-Galaico do Camiño de Santiago no que estarán representados todos os beneficiarios que buscará lograr o recoñecemento institucional que precisan as rutas xacobeas en Portugal para o seu desenvolvemento ordeado e sustentable.

Estudos do Camiño en Portugal e Galicia
En virtude deste programa tamén se prevé a realización de estudos e análises estatísticas que permitan coñecer as particularidades do Camiño de Santiago en territorio luso e galego que sirvan como base dunha estratexia transfronteiriza conxunta atendendo a todas as compoñentes da Ruta Xacobea, tanto territorial como turística, económica e patrimonial.

Impulso conxunto da Vía da Prata
Tamén no ámbito do impulso ao Camiño de Santiago desenvolveuse un encontro entre responsables de cultura e presidentes das as comunidades autónomas de Galicia, Andalucía, Estremadura e Castela e León do que, entre outros acordos, concluíuse a necesidade de trasladar ao Goberno central a necesidade de crear un Plan nacional dos Camiños de Santiago para o impulso global das Rutas Xacobeas e de conexión cos sucesivos anos santos.

O catro comunidades acordaron, ademais, crear unha mesa de traballo que permita contar cunha planificación coordinada para o desenvolvemento desta ruta así como crear unha mesa de traballo que permita contar cunha planificación coordinada para o seu desenvolvemento, solictando, ademais, a inclusión de Galicia e Andalucía na candidatura da Vía da Prata, liderada por Estremadura, que nestes momentos está na Lista Indicativa de Candidaturas Españolas para formar parte do Patrimonio da Humanidade. Por último trasladaron a decisión de solicitar ao Consello Xacobeo a incorporación a este órgano de Estremadura e Andalucía, xa que deste órgano só forman parte as comunidades polas que pasan camiños Patrimonio da Humanidade.

18 de Decembro de 2019
vía de la plata

Comeza o proxecto europeo “Fazendo Camiño” no que Galicia asesorará a Portugal na xestión e promoción do Camiño de Santiago

Galicia, Andalucía, Estremadura e Castela e León acordan tamén trasladar ao Goberno central a necesidade de crear un Plan nacional dos Camiños de Santiago para o […]
31 de Outubro de 2019
workshop Lisboa

Un cento de profesionais galegos e lusos participan en Lisboa no último workshop do ano do Clúster Turismo de Galicia

Máis de medio centenar de turoperadores lusos mantiveron encontros con empresarios do sector turístico galego Lisboa foi o lugar elixido polo Clúster Turismo de Galicia para […]
14 de Outubro de 2019
De-esquerda-a-dereita-José-Antonio-García-Miguel-López-José-Luis-Maestro-e-Cesáreo-González.

O Clúster Turismo de Galicia participa nun foro sobre os dereitos do consumidor turista en Braga

A Unión de Consumidores de Galicia (UCGAL) e a Asociación Portuguesa Para a Defensa do Consumidor (DECO) organizaron na cidade de Braga o foro Turismo sen […]
24 de Xullo de 2019
turismo forntera

“Destino Fronteira”, a estratexia turística para Galicia e o norte de Portugal que é referencia a nivel europeo

A Comisión Europea (CE) segue de preto a estratexia turística para Galicia e o norte de Portugal impulsada polo Eixo Atlántico, unha idea que explora o […]