Durante a celebración da primeira xornada técnica de carácter público da Estratexia de Turismo de Galicia 2020 tamén se presentará o espazo web creado especificamente para ir publicando todos os documentos que se vaian xerando ao longo do proceso de xestación do proeycto, que estará aloxado na url http://estratexia.clusterturismogalicia.com/. Un espazo que estará aberto á cidadanía, para recoller as achegas de todo aquel que considere que poida colaborar coa súa visión ou propostas para o establecemento dos obxectivos e da planificación do sector turístico galego até 2020.

Neste sentido, o Clúster Turismo de Galicia tamén habilitará a partir do venres unha enquisa para recoller de forma máis ordenada todos achéguelos da cidadanía poida facer para esta axenda de tal modo que o proceso de creación sexa o máis aberto, transparente e participativo posible, non só entre a administración pública e o sector privado, continuando así coa premisa fundamental da cooperación público-privada que guiou as actuacións do CTG, se non que tamén de face á cidadanía, que pode así implicarse no futuro dun do sector crave da economía galega pois, á fin e ao cabo, o turismo somos todos.

13 de Setembro de 2016
web petga 2

Espazo web e enquisa de participación para construír conxuntamente a Estratexia de Turismo de Galicia 2020

Durante a celebración da primeira xornada técnica de carácter público da Estratexia de Turismo de Galicia 2020 tamén se presentará o espazo web creado especificamente para […]
13 de Setembro de 2016
que e para ti galicia

O Clúster Turismo de Galicia celebra unha xornada técnica coas Universidades galegas de diagnóstico do sector turístico galego

No marco do desenvolvemento da folla de ruta Estratexia de Turismo de Galicia 2020 encomendada ao Clúster Turismo de Galicia para a creación da axenda turística […]
02 de Maio de 2016
firma convenio PETGA Turismo de Galicia abril 2016 2

O Clúster Turismo de Galicia asume a elaboración do Plan Estratéxico do Turismo de Galicia 2017-2020

O Clúster do Turismo de Galicia asumirá a tarefa de elaborar o próximo Plan Estratéxico do Turismo de Galicia, no que se establecerán os eixos fundamentais […]
07 de Abril de 2016
informe-consello-galego-de-turismo

Análise da demanda e dos obxectivos do PITGA cumpridos no Consello Galego de Turismo

Turismo de Galicia reuniu aos principais axentes do sector representados no Consello Galego de Turismo para dar conta do balance turístico 2015 e presentar o estudo […]