O encontro  Bioceánico-Hispano que naceu fai catro anos en Arxentina –  Enbhiga– chega por primeira vez a Europa e reunirá en Ourense a cociñeiros, operadores de turismo e medios de comunicación especializados de todo o mundo, que coñecerán de primeira man os atractivos turísticos das distintas comarcas da provincia, con especial atención á  enogastronomía.

A  inicativa chega da man do colectivo “Cociña Ourense”,  unha asociación de reputados cociñeiros que desenvolven o seu labor na provincia co fin de fomentar a súa cultura gastronómica e promover o intercambio cultural, e conta  co apoio da Deputación de Ourense e o Inorde.

Manuel Baltar, presidente da Deputación, afirmou na presentación desta edición que se trata de “un dos eventos máis importantes que se van a celebrar no noso territorio no 2019, desde o punto de vista turístico, gastronómico e de promoción da nosa provincia”. Quixo tamén destacar o papel de “Cociña Ourense” e sinalar que “desde a Deputación apoiamos esta iniciativa desde o primeiro segundo”.

Miguel González, presidente de “Cociña Ourense”, explicou que  Enbhiga é un encontro aberto á participación de todos os produtores, empresarios e restauradores que queiran sumarse a esta iniciativa. Un evento que naceu en Arxentina como lugar de encontro para profesionais do turismo gastronómico das dúas beiras do continente e que, tras tres edicións de éxito, demostrou o enorme potencial que ten como ferramenta dinamizadora do sector”.

Esta cuarta edición, que se celebrará do  14 ao 19 de outubro en Ourense, permitirá ampliar a súa audiencia e reunir a máis profesionais procedentes de Europa e América. De feito, calcúlase recibir a máis de setenta chefs, xornalistas e operadores turísticos de ao redor de quince países.

A caravana de Enbhiga visitará comarcas como Valdeorras, Terra de Trives, a Limia e a Ribeira Sacra, e aínda que se centre na enogastronomía, mostrarase aos participantes a riqueza monumental, paisaxística, termal, cultural e de lecer da provincia.

O día 17 de outubro as actividades trasladaranse á capital de provincia onde “os cociñeiros estarán nos establecementos da zona de viños para traballar man a man cos nosos  restauradores e poidan intercambiar opinións”, explicou Miguel González. O mesmo día celebrarase unha feira con casetas para produtores e artesáns, así como showcookings cada media hora para que os ourensáns poidan ver o que se fai noutros países.

Non faltará unha xornada para realizar un roteiro termal e de balnearios, así como unha visita á Escola de Hostalería de Vilamarín. Nin tampouco unha oportunidade para que os participantes realicen un tramo do Camiño de Santiago na zona da Gudiña.

O presidente de “Cociña Ourense” afirmou que seguirán traballando nestas datas “para definir xunto con outros municipios interesados no proxecto, un calendario de actividades diversificado que permita sumar ao programa novos territorios e propostas”.

Sen ningunha dúbida, Enbhiga suporá unha oportunidade para achegar a provincia de Ourense ao resto do mundo.

19 de Agosto de 2019
enbhiga

A IV edición de Enbhiga achegará a provincia de Ourense como destino enogastronómico ao resto do mundo

O encontro  Bioceánico-Hispano que naceu fai catro anos en Arxentina –  Enbhiga– chega por primeira vez a Europa e reunirá en Ourense a cociñeiros, operadores de […]
29 de Marzo de 2019
Memoria Expourense 2018

Expourense organizou a metade das feiras internacionais celebradas en Galicia

A Fundación Expourense fixo balance das súas actividades en 2018, ano no que os eventos e competicións deportivas celebrados no recinto feiral ourensán recibiron máis de […]
26 de Marzo de 2019
presentacion-actividades-ruta-vino-ribeiro

O Ribeiro aposta por promocionar o territorio coa campaña “O Camiño do Viño. Ruta do Viño do Ribeiro”

Catro institucións, Deputación de Ourense, Consello Regulador, Ruta do Viño e geodestino do Ribeiro puxeron en marcha unha campaña co obxectivo principal de promocionar o territorio […]
24 de Xaneiro de 2019
xantar. Presentación Fitur 2019

Xantar presenta a súa edición máis internacional para celebrar o seu 20º aniversario

A única feira gastronómica galega contará cun centenar de experiencias e a presenza dunha ducia de paises con Brasil como convidado, representado pola Prefeitura de Foz […]