Mariña Lucense

A través de lentes 3D, realidade aumentada e videdogabración inmersa coas que se busca ofrecer unha experiencia única, máis didáctica e sensorial, as oficinas de turismo avanzan un paso máis a través de tecnoloxías avanzadas co primeiro centro demostrador virtual de Galicia. Situado en Foz, a Mariña Virtual permitirá ao visitante coñecer a comarca con ata cinco experiencia diferentes: desde o aire, viaxar polo tempo interactuando con personaxes históricos e compartir as experiencias con outros viaxeiros a través das redes sociais.
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, inaugurou as novas instalacións situada no CENIMA de Foz coas que se incorpora A Mariña á “rede mundial do turismo”, segundo afirmou o presidente que destacou a aposta da Xunta polo turismo de calidade. Durante unha visita ás instalacións da oficina virtual de Turismo da Mariña lucense, Feijóo aseverou que esta iniciativa está aliñada coa Estratexia do turismo de Galicia 2020. Non en balde, entre os obxectivos desta folla de ruta atópanse a mellora do acceso á internet en puntos e establecementos turísticos; a comercialización e xestión mediante ferramentas TIC; o aproveitamento de internet para o servizo ao visitante; a mellora do coñecemento do perfil deste a través do Big data; e o impulso dos procesos de innovación sectorial. Cabe destacar que a Xunta de Galicia financiou a iniciativa cun investimento de 240.000 euros en virtude dun convenio de colaboración entre Turismo de Galicia, a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader), a Secretaría Xeral da Presidencia e o Concello de Foz.
No acto estiveron presentes tamén a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e alcaldes e representantes institucionais da comarca que destacaron que o obxectivo final é fomentar o número de visitantes reais a todos os concellos da comarca

22 de Marzo de 2018
A mariña virtual

A Mariña estrea a primeira oficina de turismo “virtual” de Galicia que ofrece experiencias diferentes a través das novas tecnoloxías

A través de lentes 3D, realidade aumentada e videdogabración inmersa coas que se busca ofrecer unha experiencia única, máis didáctica e sensorial, as oficinas de turismo […]
21 de Xaneiro de 2017
Ven, es Lugo

A diversidade da oferta de Lugo promocionouse en Fitur con diferentes lemas

Unha provincia coa diversidade de oferta turística como a de Lugo non podía quedar cunha só lema. Así, se a Deputación de Lugo anunciou a nova […]
21 de Xaneiro de 2016
P1000299

Galicia asume la coordinación de la España Verde

En la segunda jornada de #Fitur2016 se llevaron a cabo un total de 15 presentaciones de destinos y productos turísticos gallegos La 36 edición de la […]
28 de Xullo de 2015

Coñece os recursos xeológicos da Mariña Lucense cunha nova publicación especializada

No marco do programa de protección do arenal de As Catedrais, Turismo de Galicia e a Universidade de Santiago veñen de publicar una guía que recolle […]