Cheché Real, presidente da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalaría e Turismo de Lugo (Apehl) recibiu o galardón na categoría de Directivo de Asociación Federada nos X Premios Nacionais de Hostalaría que concende a Federación Española de Hostalaría (FEHR).

Nunha gala moi especial, celebrada no Teatro Vermellas de Toledo, cidade que este ano celebra tamén a Capitalidade Española da Gastronomía, o representante galego da hostalaría lucense recibiu o galardón nuns premios que celebran o seu décimo aniversario e que serven para recoñecer, ano tras ano, o labor de establecementos, empresas ou hostaleiros considerados exemplos do sector en aspectos tan diferentes como a innovación, a responsabilidade social, o apoio á cultura, a sustentabilidade, o compromiso coas persoas con discapacidade e pola súa contribución a engrandecer a imaxe do sector e achegar excelentes modelos a seguir.

O premio recibido por Cheché Real é consecuencia da súa traxectoria profesional, o esforzo e traballo dedicado á asociación e polo seu impecable defensa da acción asociativa. E chega xustamente cando se cumpren 30 anos do seu ingreso na Apehl, da que formou parte desde 1990, primeiro como vogal, máis tarde como vicepresidente, durante oito anos, e na actualidade como presidente, cargo que compaxina coa xestión do Mesón de Pallarés, propiedade familiar que segue rexentando a día de hoxe.

02 de Decembro de 2016
foto_cheche_premio_fehr

O presidente da APEHL, galardoado nos Premios Nacionais de Hostalaría

Cheché Real, presidente da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalaría e Turismo de Lugo (Apehl) recibiu o galardón na categoría de Directivo de Asociación Federada nos […]
30 de Agosto de 2016
apehl vuelta ciclista

A APEHL promociona o turismo en Lugo a través da Volta

Por quinto ano consecutivo, a Asociación Provincial de Empresarios de Hostalaría e Turismo de Lugo (APEHL) aproveita a celebración da Volta Ciclista a España para facer […]
11 de Abril de 2016
atención al cliente

Formación para mellorar a atención ao cliente co Proxecto Anfitrións

En maio celébranse en Lugo até 20 sesións de formación para propietarios, mandos intermedios e persoal en contacto co cliente Dentro das actuacións contempladas no Plan […]
15 de Marzo de 2016
Gala Premios APEHL

A Ulloa acolle a cea anual dos hostaleiros lucenses

O director da Casa de Galicia en Madrid, José Ramón Ónega, recibiu a Medalla de ouro da APEHL A comarca da Ulloa e en concreto o […]