Os profesionais da hostalaría lucense celebraron este ano a súa gala anual en Viveiro, no hotel Val do Naseiro nunha gala na que se fixo entrega dos galardóns que a Apehl outorga anualmente a hostaleiros cunha longa traxectoria profesional no sector e as persoas ou organismos que apoian incondicionalmente a difusión e promoción da gastronomía e turismo da rexión. O evento reuniu a máis de 150 hostaleiros chegados desde diversos puntos da provincia e contou coas intervencións da alcaldesa de Viveiro, María Loureiro; o presidente da Deputación Provincial, Darío Campos; o subdelegado do Goberno en Lugo, Ramón Carballo, e o delegado territorial da Xunta de Galicia en Lugo, José Manuel Balseiro. Tamén estiveron presentes outros representantes da sociedade e da política lucense e galega, entre eles a xefa da área Provincial de Turismo de Lugo, Pomba Vázquez; a concelleira de Turismo do Concello de Viveiro, María Soidade Rei; a secretaria da Mesa do Parlamento, Raquel Arias, a delegado da área de Turismo da Deputación de Lugo, Eduardo Vidal, e o secretario do Clúster Turismo de Galicia, Cesáreo Pardal.
O presidente da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalaría e Turismo de Lugo (Apehl), Cheché Real, foi o encargado de entregar o premio de Embaixador Hostaleiro da Provincia 2018 a Iñaki Albistur, encargado nos últimos anos do catering da caseta de “E para comer, Lugo” na Volta Ciclista a España destacando o traballo levado a cabo durante eses anos, así como a súa amabilidade, xenerosidade e bo facer con todo o equipo durante todos estes anos.
Así mesmo, a asociación de hostaleiros lucenses tamén homenaxeou a traxectoria doutro tres persoas que dedicaron a súa vida á profesión. Recibiron os premios Toda unha vida nos fogóns Alberto García, do Restaurante Mesón de Alberto de Lugo, e Rosario Quelle e Manuel Balseiro, do Hotel Ego de Viveiro.
Cheché Real volveu lembrar o recente 40 aniversario da Asociación e destacou que “traballamos e seguiremos traballando neste sentido porque somos moitos os que loitamos día a día por este sector. E os 41 e seguintes non deben ser menos, todo o contrario”. A súa intervención rematou con agradecementos a todas aquelas institucións e organismos que colaboran de maneira incondicional coa Apehl e a todo o público pola súa asistencia á gala.

20 de Marzo de 2018
autoridades_premiados Gala Anual APHEL

A APEHL reune hostaleiros de toda a provincia na súa festa anual

Os profesionais da hostalaría lucense celebraron este ano a súa gala anual en Viveiro, no hotel Val do Naseiro nunha gala na que se fixo entrega […]
19 de Xaneiro de 2018
presentacion xantar fitur 2018

De Lugo a Paradanta pasando por Xantar, a gastronomía e os viños non podían faltar en Fitur

A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalaría e Turismo de Lugo (Apehl) presentou un ano máis en Fitur a nova edición do seu guía turístico-gastronómica “E […]
18 de Xaneiro de 2018
Costa da Morte presentacion Fitur 2018

Costa da Morte e Lugo, faros, deporte, patrimonio e moito máis

Non faltou a Costa da Morte Asociación Turística(CMAT) á súa cita en Fitur, onde presentaron as experiencias CMAT de turismo activo e patrimonio cultural. O presidente […]
23 de Novembro de 2017
IMG-20171122-WA0014

A APEHL celebrou o seu 40ª aniversario

A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalaría e Turismo de Lugo (APEHL) cumpre este 2017 40 anos e celebrouno nun acto no IES Sanxiallao no que […]