As xornadas Exaltacións Gastronómicas, organizadas pola Asociación Provincial de Empresarios de Hostalaría e Turismo de Lugo (Apehl) en colaboración coa Deputación de Lugo, terán lugar ao longo do ano 2019, coincidindo coa última semana completa de cada mes. Cada unha delas irá dedicada a tres ou catro produtos típicos da provincia.

Celebraranse un total de 8 xornadas, unha cada mes, nas que participarán 51 establecementos de toda a provincia. A do mes de abril estará dedicada ás Fabas de Lourenzá, á Pescada do Petisco de Burela e ao Queixo Arzúa Ulloa. No mes de maio exaltarase a Tenreira Galega Suprema de Avermellada Galega, os Grelos de Galicia e o Queixo do Cebreiro; en xuño, a Pescada do Petisco de Burela, o cordeiro de raza Ovella Galega e as Castañas de Galicia; en xullo, o Bonito de Burela, o Lacón Galego e os Pementos de Mougán; en agosto, o Bonito de Burela, a Castaña de Galicia e os Pementos de Mougán; en setembro, a carne de Porco Celta, os Grelos de Galicia, a Pataca de Galicia e o Mel de Galicia; en outubro, as Fabas de Lourenzá, a Tenreira Galega, o Queixo San Simón da Costa e o Mel de Galicia, e en novembro, a carne de raza Galiña de Mos, os Grelos de Galicia, a Pataca de Galicia e o Queixo de tetilla. Todas elas irán acompañadas de produtos avalados polos selos de CRDO Ribeira Sacra, Afapan, IXP Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia e Galletas Daveiga.

O presidente da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalaría e Turismo de Lugo (Apehl), Cheché Real, sinalou durante o acto de presentación que “o obxectivo é que ao longo de todo o ano tanto visitantes como residentes teñan a oportunidade de gozar da nosa boa materia prima, elaborada e servida polos nosos excelentes profesionais”. Para facelo posible Real destacou o apoio das diferentes entidades gastronómicas.

Pola o seu parte, o presidente da Deputación Provincial de Lugo, Darío Campos, subliñou que “é unha iniciativa coa que Deputación, APEHL e Hostaleiros, xuntamos forzas para continuar promovendo o consumo das materias primas que hai na nosa provincia, que ademais de ser de ser de altísima calidade e contar con grande recoñecemento entre a cidadanía, son un motor xerador de economía e emprego”.

17 de Abril de 2019
presentacion_exaltacions_gastronomicas (2)

A APEHL e a Deputación de Lugo presentan as xornadas exaltacións gastronómicas que se desenvolverán até fin de ano

As xornadas Exaltacións Gastronómicas, organizadas pola Asociación Provincial de Empresarios de Hostalaría e Turismo de Lugo (Apehl) en colaboración coa Deputación de Lugo, terán lugar ao […]
15 de Abril de 2019
calendario circuito golf galicia

Pantón acollerá a final do VIII Circuíto de Golf Sénior pondo en valor o deporte, termalismo e gastronomía

A proba arrinca a finais de abril en Valencia A oitava edición do Circuíto Golf Sénior abrirá as portas de Galicia a homes e mulleres con […]
07 de Marzo de 2019
montañas ancares

Os Ancares-Courel reciben o distintivo Observer de Turismo Científico

En Galicia, só o Parque das Illas Atlánticas posuía este distintivo até agora. O espazo Os Ancares e O Courel xa son Espazo Observer Turismo Científico, […]
27 de Febreiro de 2019
apehl Jorndas gastronómicas

Novas xornadas para reivindicar a gastronomía lucense

 A Deputación de Lugo, a Asociación Provincial de Hostaleiros de Lugo ( APEHL), representantes de empresas gastronómicas, das asociacións de produtores, das Indicacións Xeográficas Protexidas e […]